NOTA DE PRENSA
XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 2ª TIRADA
(Club Social de Palmeiro – Sábado, 15 de outubro 2011)
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CLUB PALMEIRO (15 OUTUBRO 2011 ) 38 INSCRITOS: 21 NA LIGA SENIOR, 8 NA LIGA SUB 16 E 9 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 200 | 12 |
| SEGUNDO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 195 | 10 |
| TERCEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA | 193 | 8 |
| CUARTO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 181 | 7 |
| QUINTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 180 | 6 |
| SEXTO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 179 | 5 |
| SÉTIMO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 179 | 4 |
| OITAVO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 175 | 3 |
| NOVENO | JOSE VIGO LAGE | 172 | 2 |
| DÉCIMO | MODESTO ALBO VIDAL | 172 | 1 |
| MELLOR BOLADA | ARTURO VIGO CASABELLA | 92 | 1 |
| LIGA SUB 16 | |||
| PRMEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 86 | 6 |
| SEGUNDO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 72 | 4 |
| TERCEIRO | SAMUEL REY ÁLVAREZ | 62 | 3 |
| CUARTO | GONZALO FERNÁNDEZ SILVA | 59 | 2 |
| QUINTO | CRISTÓBAL RIVAS CAMPO | 39 | 1 |
| MELLOR BOLADA | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 43 | 1 | |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 117 | 6 |
| SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 66 | 4 |
| TERCEIRO | CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA | 60 | 3 |
| CUARTO | LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ | 51 | 2 |
| QUINTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 51 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CARMEN ROCA CORRAL | 56 | 1 |
-Tarde moi agradable cun sol expléndido. 38 inscritos: 21 na Liga Senior Masculina, 9 na liga Senior Femenina e 8 na Liga Sub 16.
Liga Senior Masculina.- Victoria dunha das grandes promesas dos bolos en Xove; non é outro que Cristian Rodríguez Baño, xove xogador que hai dúas tempadas proclamárase campión galego e que sigue cunha gran progresión; o problema de Cristian é que tamén xoga ao fútbol e seguramente non poderá compatibilizar ámbalos dous deportes; así e todo, gran tirada a que realizou esta tarde. Segundo foi Luis Rancaño, o que lle permite ocupar a segunda posición na clasificación xeral. O terceiro posto de Arturo Vigo fai que, grazas ao segundo posto da semana pasada, encabece a clasificación. O ata esta semana líder non participou, dahí que Omar Cabrera perderá o liderato. Ata este intre, os xogadores están rodándose e tentando coller forma despois de varios meses de parón.
Liga Senior Feminina.- Dúas das grandes favoritos ao trunfo final xa comezan a tomar posición na cabeza, e deste xeito Belén Meitín con 11 e Carmen Roca con 9 encabezan a clasificación. Votamos en falta nesta clasificación a outra das grandes, Dolores Baño, quen volveu a ter unha tarde nefasta e inda non atopou o seu punto de xogo; esperemos que Dolores se recupere e escale posición para ocupar o lugar que cremos lle corresponde.
Liga Sub 16.- Nesta Liga temos dous destacados, encabezando conxuntamente a clasificación. Isaias Cardoso e Daniel López con 11 puntos comparten o liderato; Recordamos que estes dous xogadores xa tiveron un importante protagonismo na temporada pasada, xa que Daniel foi terceiro na xeral e Isaias cuarto. Un terceiro xogador podería estar neste intre disputándolles os primeiros postos, e este é Samuel Rey, xogador con grandes cualidades físicas e un excelente potencial, pero fáltalle centrarse e coller un pouca máis de rodamento.
A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE MONTE O VINDEIRO SÁBADO, 22 DE OUTUBRO DE 2011.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
