A Deputación debe rectificar no seu castigo a Cervo
As deputacións provincias están chamadas a desempeñar un papel primordial en apoio dos concellos máis pequenos. Son ademais unhas institucións que ben xestionadas poden axudar aos municipios a combater a actual crise económica con maior eficacia, xa que teñen por obxecto completar e mellorar os servizos municipais e de garantir unha distribución igualitaria e ordenada das posibilidades e recursos públicos.
Apesares de ser moi claros estes principios, o actual Goberno bipartito da Deputación de Lugo parece esquecelos. Unha e outra vez, na pasada lexislatura e na actual, os seus dirixentes amosan unha obsesión permanente por castigar ao Concello de Cervo e, deste xeito, ao conxunto das súas veciñas e veciños.
A imposición dunha desproporcionada sanción –de 20.000 euros-, pola incorrecta colocación duns postes de iluminación pública nas inmediacións dunha estrada provincial, que foron retirados en tempo e forma –tras efectuarse os requirimentos-, dan boa mostra dun comportamento por parte da Deputación lucense moi imprudente, moi prexudicial e guiado polo sectarismo político máis atroz.
Ninguén ten a culpa que a vicepresidenta segunda provincial, a súa vez candidata do PSOE de Cervo, resulte derrotada unha e outra vez en cada proceso electoral. Ninguén debe pagar pola súa incapacidade para acadar a confianza dos seus veciños. Urxe que os socialistas asuman e respecten os resultados democráticos e deixen de empregar as administracións como instrumentos de confrontación, leccións ou castigos políticos.
Con todo o máis grave é que, chegado o momento, non sexan capaces de rectificar, asumindo a improcedencia da sanción. A tal punto de despropósito chega a cuestión que no pasado pleno municipal o PSOE quedábase solo defendendo a multa, mentres que PP e BNG –socios de goberno no ente provincial- reclamaban o arquivo da sanción.
O Goberno provincial lucense non pode seguir incorrendo nun comportamento inaceptable, que leva ao desprestixio da Deputación e a dubidar do seu desesperado afán recadatorio. Con todo, están a tempo de demostrar que as deputacións poden estar ao carón dos concellos e non son instrumentos para castigar inxunstamente aos seus veciños.


















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



