Nota de prensa
A DEPUTACIÓN RECLAMA Á XUNTA A INSTANCIAS DO BNG UN MAIOR PESO DE LUGO NO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DA AUTORIDADE PORTUARIA
O pleno da Deputación acordou esta mañá instar á Consellaría de Pesca a que modifique a composición do Consello de Administración da Autoridade Portuaria Ferrol – San Cibrao, aumentando a presenza lucense
O grupo do BNG amosou o seu apoio aos dous traballadores despedidos por Suplusa e pronunciouse a favor da readmisión dos mesmos, polo que a Deputación instará a Suplusa a revisar estes despedimentos
Lugo, 25 de outubro de 2011. O pleno da Deputación de Lugo, a instancias dunha iniciativa do BNG, acordou esta mañá dirixirse á Xunta de Galiza, nomeadamente á Consellería do Mar, para instala a que modifique a composición do Consello de Administración da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, para que esta se faga en función da aportación que en concepto de taxas cada un dos portos fai aos ingresos da referida Autoridade Portuaria.
O deputado do BNG, e vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, defendeu que con esta iniciativa “pretende lograrse unha redistribución máis equitativa en función do que ingresa en cada porto polo concepto de taxas”. Segundo argumentou Antonio Veiga, “as contas da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao non deixan lugar a dúbidas do trato discriminatorio que a mesma mantén en relación coa área da costa de Lugo, limitando a súa actuación ao arranxo e mantemento de faros e balizas, mentres contrasta cos importantes investimentos que a mesma acomete na zona de Ferrol”. Veiga afirmou que “desde o BNG entendemos que esta situación se pode solucionar se aumentamos a representación lucense no Consello de Administración da Autoridade Portuaria, xa que nestes momentos só se limita directamente a un único vogal, o designado alternativamente polos concellos de Cervo e Xove, e quen ten competencias neste sentido é a propia Consellaría de Mar”. Co apoio do grupo provincial do PSOE e a abstención do PP, a iniciativa saiu adiante polo que a Deputación instará á Consellería do Mar, a que modifique a composición do Consello de Administración da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, para que esta se faga en función da aportación que en concepto de taxas cada un dos portos fai aos ingresos da referida Autoridade Portuaria”.
Por outra banda, o portavoz do grupo provincial do BNG, Mario Outeiro, manifestou a aprobación do BNG á moción pola que se insta á Deputación de Lugo a instar a Suplusa a revisar de maneira inmediata os despedimentos de dous traballadores de Suplusa, amosándolle o apoio aos mesmos. Na súa intervención, Mario Outeiro lembrou que “como non podía ser doutra maneira, acorde coa traxectoria do BNG na defensa dos intereses da clase traballadora, neste caso non imos actuar doutra maneira neste conflito. Non obstante, parécenos moi ben a inquedanza actual do PP neste sentido, mais tamén nos gustaría que se estendese á propia Consellaría de Traballo na súa postura perante os diferentes ERES que se presentaron en Galiza, nas que non estivo tan firme. Por iso, aproveito para reivindicar que esta firmeza na defensa da clase obreira que hoxe amosou aquí o PP se manteña diante de propostas de EREs, como o que hai poucos días fixo tambalear os alicerces do emprego mariñao, ou futuras situacións que por desgraza se poidan chegar a producir”.
Mario Outeiro quixo afondar nesta cuestión e manifestou que “a postura do BNG na defensa dos traballadores é igual de firme cando se trata de despedimentos producidos nunha empresa privada ou na administración pública”. Neste sentido, Mario Outeiro dirixiuse ao sr. Barreiro coas palabras “non trate de adiantar ao BNG pola esquerda porque xa imos moi preto da beira e corre o perigo de saírse da estrada”.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



