Nota de prensa
A selección Galega de Billarda reCONQUISTA A Copa Cantábrica.
Ista é xa a V Edicción da Copa Cantábrica. Torneo de billarda (en Asturias chamada liriu) que anualmente se ven celebrando en terras do Principado entre as seleccións de ámbalas dúas comunidades. Desta volta foi no mesmo corazón de Piedras Blancas, na Plaza de Europa, donde se puxo en liza a disputa do Trofeo que brilantemente gañara a Selección Galega na pasada edición de 2010 tamen celebrada en Pieras Blancas ainda que desta volta e por mor da choiva se fixera no pabellón cuberto.
O domingo 23, quince palanadores galegos contra 13 machetadores astures polo que para igualar a contenda, Hugo, galego con ascendencia astur, como xa fixera en ocasión anteriores, non tivo inconvinte en porse ao servicio do seleccionador asturiano e brindarlles unha moi efectiva axuda que nembargantes non foi dabondo para acadar o desexado triunfo final.
Nas primeiras ediccións o estilo de xogo era seguindo as normas que a LNB temos na nosa liga regular, pero estas derradeiras veñen celebrandose ao estilo que xogan os machetadores asturianos e que consiste en golpexar a billarda ou liriu ata metela dentro dun circuliño duns 75 cms. de diámetro chamado “castru” e que está pousado no terreo de xogo. Ista forma de xogo require non tanta forza pero si mais destreza no golpexo da billarda.
Xogaronse en total catro roldas e a selección galega impuxose claramente en tres delas, somentes na segunda os machetadores astures foron quen de apertar un pouco e amiazar cunha remontada que non se produxo. Os resultados parciales foron de: 4 a 10; 8 a 6; 5 a 9 e 7 a 10 dando unha puntuación final de Asturias 24 Galicia 35.
Moita xente disfrutando do bo tempo e do vistoso xogo desenrolado nun espazo perfectamente elexido e delimitado para evitar posibles accidentes. Parabéns a organización e o bo facer de Hevia ainda que no xogo a súa participación non foi tan lucida.
Finalizada a xornada da mañan, dirixímonos a Casa Prendes para o xantar de irmandade donde naturalmente demos conta da consabida fabada asturiana e outras viandas.
A tardiña ca presencia da Televisión Asturiana.TPA facendo conexións en directo, fixose entrega da Copa e posteiromente xogouse o “Aberto do Llacón”, que non foi tal ainda que non salimos do reino animal, tan so se trocou o porco por unha parella de coellos.
As eliminatorias foronse sucedendo chegando para disputar a final unha parella xa ben coñecida por todos: Geni que chimpou fora a Xermán, gañador do último Pito Caleya e Daniel que deixou na cuneta a Martiño.
Dúas carreiras por diante. Na primeira Daniel chegou primeiro o Castru, pero na segunda Geni foi quen de igualar e forzar un desempate. Xa estaba feito, os coellos que primeiramente se lle tiñan entregado a Geni como gañadora moral do aberto, seguiron sendo dela por dereito propio. Gañou con autoridade sin dar opción o seu compañeiro.
O vindeiro sábado retomamos a liga regular que desta volta se desplaza ata A Pontenova donde se disputará o “I Aberto do Ferro”. Será no Complexo deportivo do Boulloso as 16,30 h.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
