Nota de prensa
XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 3ª TIRADA
(Centro Social de Monte – Sábado, 22 de outubro 2011)
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MONTE (22 OUTUBRO 2011 ) 34 INSCRITOS: 20 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 16 E 9 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA | 228 | 12 |
| SEGUNDO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 220 | 10 |
| TERCEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 206 | 8 |
| CUARTO | JOSE VIGO LAGE | 192 | 7 |
| QUINTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 183 | 6 |
| SEXTO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 174 | 5 |
| SÉTIMO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 158 | 4 |
| OITAVO | ARTURO VIGO CORA | 136 | 3 |
| NOVENO | ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 128 | 2 |
| DÉCIMO | JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ | 128 | 1 |
| MELLOR BOLADA | ARTURO VIGO CASABELLA | 92 | 1 |
| LIGA SUB 16 | |||
| PRMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 131 | 6 |
| SEGUNDO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 43 | 4 |
| TERCEIRO | CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA | 39 | 3 |
| CUARTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 15 | 2 |
| QUINTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 15 | 1 |
| MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 50 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 114 | 6 |
| SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 101 | 4 |
| TERCEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 86 | 3 |
| CUARTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 78 | 2 |
| QUINTO | MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ | 56 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CARMEN ROCA CORRAL | 52 | 1 |
-Tarde moi agradable cun sol expléndido. 34 inscritos: 20 na Liga Senior Masculina, 9 na liga SEnior Femenina e 5 na Liga Sub 16.
Liga Senior Masculina.- Espectacular tirada a realizada polos dous primeiros clasificados con 228 e 220 puntos respectivamente, o que lles permite seguir encabezando a clasificación: con 32 puntos Arturo Vigo e con 26 Luis Rancaño. Á festa sumouse, como non, José Rafael González con 206 puntos, o que lle permite escalar posicións, pasando da 13ª á 8ª. Sen dúbida son tres favoritos ao trunfo final. En terceira posición, compartida, temos a Omar Cabrera, quen fallou e non foi siquer capaz de puntuar e a Sócrates Campo, ambos con 13 puntos, moi alonxados dos dous primeiros postos. Polo tanto, por agora temos dous dominadores claros, o incombustible Arturo Vigo, quen comezou expléndidamente esta tempada, acompañado por un Luis Rancaño tremendamente motivado e competitivo.
Liga Senior Feminina.- Tamén nesta categoría temos dúas protagonistas destacadas: Carmen Corral e Belén Meitín, que encabezan con 16 e 14 puntos respectivamente. A segunda victoria consecutiva de Carmen permítelle relevar na cabeza a Belén, quen cos catro puntos acadados está moi preto da cabeza. Terceira é Salomé Bermúdez con 7 puntos, compartindo a cuarta posición Marisa Casabella e Dolores Baño con 4 puntos. No caso desta última, recordamos que é a vixente campiona, inda que hoxe mellorou un pouco, non acaba de despegar; esperemos que vaia collendo a forma, ca que non nos cabe dúbida de que, por xogo e ambición, ao final debe de estar entre as tres mellores.
Liga Sub 16.- Victoria apabullante da vixente campiona Salomé Cardoso, o cal lle permite acceder á terceira posición con 7 puntos. Segundo temos ao seu irmán Isaias Cardoso con 11 puntos , quen non puido participar nersta tirada, o cal lle costou o liderato a favor de Daniel López, que agora encabeza con 15 puntos. Distintas razóns fixeron que tiveramos unha baixa participación nesta categoría.
A Vindeira tirada vai ter lugar na Bolera do CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE O VINDEIRO SÁBADO, 29 DE OUTUBRO DE 2011.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
