Nota de prensa
O deputado popular, e tenente de alcalde do Concello de Cervo, faise eco desta aspiración dos socios do Club Náutico “Amigos do Mar” que demandan estes novos usos portuarios
PROSPERA A INICIATIVA PARLAMENTARIA IMPULSADA POR BALSEIRO SOLICITANDO Á XUNTA A CREACIÓN DUNHA MARIÑA SECA NO PORTO DE SAN CIPRIAN
O acordo parlamentario acadou o apoio unánime das tres forzas políticas: PP –autores da mesma-, PSOE e BNG.
Santiago, 04 de outubro de 2011.- Na Comisión de Pesca e Marisqueo que tivo lugar esta mañá no Parlamento galego prosperou a iniciativa impulsada polo deputado popular Jose Manuel Balseiro, solicitando á Xunta a creación dunha mariña seca e un espazo de garda contra as inclemencias climatolóxicas no porto de San Ciprián. Máis en concreto, o acordo final, acadado por unanimidade das tres forzas políticas parlamentarias, empraza ao ente público autonómico Portos de Galicia, a executar estas actuacións “antes de finais do ano en curso, en decembro do 2011”.
AMIGOS DO MAR
O deputado popular e primeiro tenente de alcalde do Concello de Cervo, Jose Manuel Balserio, felicitouse por esta decisión e sinalou que deste xeito o Parlamento está a facerse eco dunha demanda dos usuarios do porto –con pequenas embarcacións pesqueiras e recreativas- e, nomeadamente, dunha aspiración capitaneada polos dous centenares de socios do recentemente constituído Club Náutico Amigos do Mar de San Ciprián.
Jose Manuel Balseiro indica que o procedemento a seguir sería a reordenación dos actuais espacios portuarios de tal xeito que, entre outras, poidan albergar esta mariña seca, isto é, unha zona de varada das embarcacións para poñelas en seco, para resgardalas da resaca ou dos golpes de mar, ou tamén para efectuar nela operacións de arranxo, mantemento ou limpeza. De feito, parte da explanada onde se atopaba a antiga nave de lonxa, é xa un espazo ideal para albergar a mariña seca e pode ser habilitado dun xeito sinxelo, para darlle cabida alí ás embarcacións naúticas e recreativas existentes. Ademais o porto xa dispón dunha grua que facilitaría a súbida das embarcacións ata a zona de varada.
REXEITADA EMENDA DO PSOE
O acordo final, acadado por unanimidade, non contempla a emenda do PSOE que foi rexeitada. Balseiro non aceptou incorporala xa que os socialistas condicionaban o proxecto a que aparecera unha partida orzamentaria específica no 2012. A devandita petición era de todo xeito improcedente máxime cando suporía un retraso considerable na execución da obra, xa que o PP e a acordo final contempla iniciar a construción da mariña seca e da zona de garda antes final deste ano.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



