Nota de prensa
Os nacionalistas denuncian que o PP está a incumprir o disposto pola norma en relación coa atención primaria.
Estoa critica a existencia de infinidade de citoloxías sen analizar en Burela.
O BNG advirte que o PP está esperando que pase o 20N para suprimir a Area Sanitaria da Costa.
A Mariña, 18 de outubro de 2011. Unha representación do Bloque Nacionalista Galego da que fan parte Antonio Veiga Outeiro e candidatos da Mariña ao Congreso e ao Senado así como representantes da Plataforma sanitaria da Mariña mantiveron unha xuntanza na xornada de hoxe en Burela a fin de analizar a situación da sanidade na nosa Comarca e de xeito moi concreto a problemática creada pola proposta do PP da posta en funcionamento das Areas de Xestión Integradas, a paralización do “Plano Mellora” aprobado polo Parlamento de Galiza en 2007 así como as dificultades que está a vivir o Hospital e os Centros de Saúde da Comarca como consecuencia da política da Xunta de Galiza de recortes na sanidade pública.
O Candidato ao Congreso e Alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa, advertiu “da dúbidas máis que fundadas dos nacionalistas de que o obxectivo do PP é eliminar á área sanitaria da Costa e está esperando a que pasen as Eleccións Xerais. O BNG dixo no seu día que o PP estaba esperando a pasar as eleccións municipais para a supresión de áreas sanitarias e vimos como foron suprimidas por exemplo as do Barco, Verín e o Salnés. Isto significou que Ourense sexa unha única área sanitaria e outro tanto esperan facer en Lugo, que se non se fixo foi pola contundente resposta cidadá, polas manifestacións de Monforte e Burela”. Na mesma liña o candidato do BNG ao Congreso denunciou que “a supresión significaría a efectos prácticos unha perda de servizos por parte do Hospital da Costa, a centralización dos servizos en Lugo, e volver a situación sanitaria de fai de fai 30 anos onde o Hospital de referencia dos veciños da Mariña e as estradas camiño de Lugo. Pero tamén provocaría unha merma substancial da calidade asistencial con todo o que iso implica para o nivel de vida e benestar da poboación porque sabemos que a supresión das áreas sanitarias é o correlato da axenda que ten o PP para a privatización da sanidade”.
Noutra orde de cousas Estoa criticou “ a paralización xa en 2009 dun plano de potenciamento da atención primaria para o período 2007-2011 , denominado “Plano Mellora” co que se pretendía aumentar os recursos dos médicos de familia así como delegar neles determinadas funcións que desenvolvían os especialistas. Agás no caso da receita electrónica que se está a introducir con grande lentitude, no caso da Mariña os aspectos que se recollían neste plano seguen sen facerse realidade. Tanto é así que a paralización de determinadas obras de infraestrutura deixou sen servizo de fisioterapia a algún centro de saúde , ou as probas de citoloxía seguen sen realizarse na primaria, ou o servizo de retinografía carece de medios para poder aplicarse. Agora ben o caso máis sangrante dáse no incumprimento en materia de persoal sanitario ata o punto non se cumpre na maioría dos Concellos da Área Sanitaria que cada ATS se corresponda cun médico ou que en varios Concellos algúns médicos vense obrigados a atender a máis de 1250 cartillas”.
O candidato do BNG ao Congreso chamou “ a unha grande mobilización o 20 N, unha mobilización das mesmas dimensións que a que acolleu as rúas de Burela fai un ano para parar a política de desmantelamento da sanidade pública que está a levar adiante o PP. O 20 N, ten que ser unha mobilización decisiva para deixar claro aos Populares e aos Socialistas que a sanidade non é un gasto senón un investimento e que nesta cuestión non hai lugar para retallos. Non imos consentir que coa coartada de reformas constitucionais “ad hoc” se pretenda meterlle novas talladas á sanidade que son os que provocan as listas de espera, o feche de servizos nos nosos hospitais e centros de saúde ou a eliminación progresiva de ambulancias como aconteceu en Foz que só van en detrimento dunha peor calidade asistencial. Pensemos o que está a acontecer na UDO (Unidade de Dor de Burela) onde deixáronse de poñer as infiltracións para a dor a doentes graves que Seguen pendentes de analizar infinidade de citoloxías que se mandaron dende os centros de saúde. O 20 N ten que ser unha data para pararlle os pes a esa rebarbadora que son as políticas que Populares e Socialistas están a aplicar en relación cos servizos públicos”.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



