Nota de prensa
Fomento perdeu unha oportunidade de ouro para converter en realidade esta vella aspiración dos veciños da Mariña e do conxunto da provincia
Blanco fixo oídos xordos ás reiteradas peticións das institucións galegas para crear a Autoridade Portuaria lucense
O candidato socialista desprezou os acordos promovidos no Parlamento galego, concellos e Deputación de Lugo.
Os populares sospeitan que nin tan sequera o Ministro negociou con Alcoa a posibilidade de facer uso do dique norte de Morás.
Cargos públicos do PP asumen o seu compromiso de defender esta reivindicación conscientes de que podería converterse na verdadeira locomotora que impulse a economía e o emprego da Mariña
Insisten en que só Fomento pode adoptar decisións respecto da creación da autoridade portuaria que conta co visto e prace favorable da Xunta.
A Mariña lucense, 29 de outubro de 2011.- O candidato mariñán do Partido Popular ao Congreso dos Deputados, Jaime de Olano, acompañado polos parlamentarios autonómicos e deputados provinciais do PP e dos alcaldes dos concellos de Xove e Cervo acusou está mañá ao Ministro de Fomento, José Blanco, de facer “oídos xordos” ás reiteradas peticións das institucións galegas para crear a Autoridade Portuaria lucense. Segundo explicou Jaime de Olano o candidato socialista “desprezou” todos e cada un dos acordos promovidos tanto no Parlamento de Galicia, como nos concellos e na Deputación de Lugo instando ao Executivo central a cumprir con esta reivindicación. “José Blanco nin tan sequera escoitou a voz dos seus veciños -aos que agora non terá problema en pedir o voto-, nin cumpriu coas institucións da súa terra, pese a que cada un destes acordos acadaron, no seu día, o apoio unánime de todos os partidos e axentes sociais da Mariña”.
BOICOT AS NEGOCIACIÓNS CON ALCOA
Jaime de Olano verbaliza tamén o que, segundo afirma, “é máis que unha sospeita”, isto é, que incluso o propio ministro de Fomento pese nin tan sequera iniciou as negociacións oportunas coa empresa Alcoa para acordar a posibilidade de facer uso do dique norte de Morás -actualmente unha concesión exclusiva da multinacional do aluminio- e empregalo como novo porto de mercadorías.
O candidato socialista “moitas veces dado a facer gala da súa concesión de lucense”, tería “boicoteado” desde a súa privilexiada posición como ministro de Fomento esta posibilidade e, polo tanto, “perdeu unha oportunidade de ouro para facer realidade esta vella aspiración dos seus veciños”.
FEITOS E COMPROMISO POPULAR
En contraposición co desprezo amosado polos socialistas lucenses, Jaime de Olano explicou que o PP sempre defendeu esta petición. “Así o fixo cando un Goberno popular, o que daquela presidía Jose María Aznar creo a provincia marítima de Lugo e así o está a facer o actual Executivo autonómico, liderado por Alberto Núñez Feijóo, cando non só amosou a súa boa disposición á creación desta autoridade portuaria lucense, senón que incluso sufragou con fondos autonómicos o informe elaborado por Portos de Galicia que acredita a viabilidade técnica e económica de cerar o novo porto comercial empregando o dique de Morás”
Os cargos públicos populares “reiteran” o seu compromiso de defender esta reivindicación conscientes ademais de que tanto a autoridade portuaria como o novo porto comercial “poderían converterse na verdadeira locomotora que impulse a economía e o emprego da comarca mariñá, algo ao que non podemos nin queremos renunciar sobre todo nestes tempos de crise.”
COMPETENCIA DE FOMENTO
Finalmente, Jaime de Olano quixo “desenmascarar a confusión interesada que realiza o BNG na Mariña” e aclarar que “a única administración competente para crear a autoridade portuaria lucense e acadar a apertura do dique norte de Alcoa é o Ministerio de Fomento e, polo tanto, o goberno central”.
Nesta mesma liña condenou a postura “terxiversadora” dos nacionalistas que agora pretenden modificar a composición do actual consello de administración da autoridade portuaria Ferrol-San Ciprián aínda que “saben ben que este reparto está determinado por unha lei estatal na que a Xunta non é competente”
Jaime de Olano fixo un chamamento ao BNG para que “se deixe de polémicas estériles e sume forzas” para facer realidade a autoridade portuaria lucense aínda que amosou o seu “temor” a que detrás da posición pública dos “nacionalistas tan só exista electoralismo”. Nese senso lembrou que, a diferenza dos “feitos” que acreditan o compromiso dos populares coa autoridade portuaria, o BNG cando gobernou “non só non impulsou ningún tipo de iniciativa favorable, senón incluso anulou o cinto industrial Cervo-Xove que supón reservar o terreo necesario para que futuras empresas poidan instalarse e facer uso do futuro porto comercial de Morás”


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



