A galería Axolotl acolle durante todo o mes de outubro esta exposición na que están a participar 13 artistas españois, entre os que se atopa o propio Dourado. Nos primeiros quince días, e a pesares do mal tempo que houbo en Edimburgo, está a recibir unha grande afluencia de público. Ésta é a primeira vez que Celso Dourado participa nunha exposición no estranxeiro.
