Nota de prensa
VILLARES DILLES AOS SOCIALISTAS QUE SI “SOFREN DE AMNESIA” É MELLOR QUE “REFRESQUEN A MEMORIA” CON RESPECTO Á XESTIÓN DA AUGA
O alcalde lémbralle á oposición que o 59% do aumento das tarifas deste servizo nos dez últimos anos débese a un acordo adoptado polos socialistas cando estaban á fronte do Goberno local
Cervo, 27 de outubro de 2011.- O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, rebateu esta mañá as acusacións feitas polos socialistas en torno á suba das tarifas da ordenanza fiscal do subministro de auga, aprobadas onte en sesión plenaria.
Para o rexedor, as criticas do PsdeG local sobre este asunto baséanse en datos aportados de xeito sesgado. “Aínda tomando como válidas as cifras que dan, hai que recordarlles (aos socialistas) que cando falan de que nos 10 últimos anos o subministro de auga subiu nun 100% esquécense de dicir que o 59% dese aumento é resultado da ordenanza fiscal que fora aprobada polo Goberno do Partido Socialista neste Concello nunha sesión plenaria do 22 de outubro do ano 1997. E foi -ademais- no mesmo pleno onde se fixo a privatización deste servizo por parte do Goberno socialista a unha empresa chamada Sumiges” e lembrou que o devandito contrato de privatización “é o mesmo que fai apenas un ano a xustiza ratificou de xeito definitivo que fora feito e realizado dun xeito ilegal”.
Para Villares a combinación formada polo Partido Socialista á fronte do Goberno de Cervo e a privatización do subministro de auga, lixo e gas deu como froito unha ilegalidade determinada pola Xustiza, “algo que resulta canto menos curioso, pero desgraciadamente foi o que aconteceu neste concello. Por iso, a combinación PSOE no Goberno local + privatización + ilegalidade foi unha combinación escura e negativa para todos os intereses dos veciños de Cervo”.
A omisión polos socialistas destes datos só podería ser xustificado, segundo Villares, pola xuventude dos seus membros, “aínda que ao fin e ao cabo, son concelleiros que teñen máis ou menos a mesma idade ca min, e polo tanto deberían ter o mesmo recordo destes feitos como teño eu” sinalou.
“Como da noite ao día”
Ao marxe disto, o alcalde indicou que a cidadanía debe ter presente que esta suba nas tarifas do subministro de auga débese á mellora da calidade do servizo, que ademais de cumprir con tódolos parámetros de salubridade marcados pola lexislación actual, tamén garante o subministro ao 100% da poboación durante os 365 días do ano. “Cumpre lembrar tamén que estamos a falar dun servizo privado que foi revertido á xestión pública polo Goberno do Partido Popular, e que con esta actualización de prezos, ademais de mellorar e asegurar o subministro a tódolos cidadáns, tamén se garante o caudal ecolóxico dos ríos Xunco e Cobo, porque coa entrada en funcionamento do novo abastecemento Cervo conseguiu quitar tres puntos de bombeo nestes ríos, aspectos todos eles moi importantes e que mellorarán a xestión deste servizo como da noite ao día. ” dixo Villares.
Por último, para o mandatario local a intención dos socialistas de crear unha polémica sobre o xeito de repercutir este aumento das tarifas “é algo que non ten sentido” e que está fora de discusión. “Todos os cidadáns deste municipio temos que asumir os custes destas importantes melloras e que ese gasto o asuma o Concello ou o paguen os veciños ven sendo o mesmo; porque ao fin e ao cabo, o Concello é de todos. Non é nin do alcalde, nin da oposición, e iso tamén cumpre que o teñan claro os señores do PSOE”.





















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



