Nota de prensa
Estoa advirte de que o 70% do polbo que se consume en Galiza procede de fora.
O BNG solicitara unha modificación do réxime especial do mar para rematar coas pensións de miseria.
Unha delegación do Bloque Nacionalista Galego,da que facía parte o seu Candidato ao Senado e Tenente de Alcalde de Viveiro, Bernardo Fraga, o Candidato ao Congreso e Alcalde de Riotorto Federico G. Estoa e o Responsábel Comarcal do BNG Antonio Veiga, mantivo na xornada de hoxe, unha xuntanza co sector da baixura da Mariña no Restaurante A Marquesa de Burela , a fin de pulsar a opinión do mesmo e dar a coñecer a posición do BNG sobre a situación que se atopa. Os nacionalistas da Mariña coincidiron a destacar a importancia que en termos de PIB e de emprego, sigue a representar o sector para A Mariña, e neste sentido recordaron que a día de hoxe esta actividade representa o 15,3 da poboación ocupada en Burela o 10,5 , en Vicedo o 19,4, en Viveiro,o 9,3 en Xove, o 7,3 e o 6,5 en Foz sen contar os postos de traballo en terra que dependen da actividade extractiva.
Segundo indicou Estoa “ é fundamental unha mudanza radical nas políticas para o sector da baixura que debe fundamentarse en primeiro lugar por unha transferencia a Galiza das competencias plenas nesta materia, pero non só as que a día de hoxe recolle o actual Estatuto senón que debe estender o concepto de augas interiores até as doce millas. Pero tamén é central que a Xunta de Galiza demostre unha vontade política ao respecto posto que non é de recibo a redución de fundos que os actuais orzamentos recollen para a baixura que a día de hoxe representa preto de 4100 embarcacións en Galiza fronte a apostas en materia de acuicultura ou do turismo náutico”.
Neste sentido Estoa lembrou “que foi o BNG no Congreso quen promoveu e conseguiu a instancias do sector modificar os criterios de regularización das embarcacións propostas polo Goberno Central que no caso de ir adiante provocaría o desguaze de boa parte da flota de baixura e da que non temos dúbida algunha que o que pretendía era asentar unha puñalada definitiva á baixura galega. Isto só demostra que é fundamental que o BNG pese e e que o BNG decida en Madrid, e ten que seguir decidindo para modificar a actual normativa que vincula a potencia instalada nos motores ao esforzo pesqueiro, posto que non hai que ser ningún esperto no tema para saber que polas condicións do noso mar e das nosas rías a potencia dos motores das nosas embarcacións de baixura ten que ser menor que a potencia dos motores doutras embarcacións que traballan noutras áreas de costa da Península Ibérica.Non hai máis política de seguridade para a nosa baixura que aquela que permita aumentar a potencia instalada ao marxe do esforzo pesqueiro”.
Noutra orde de cousas, Estoa esixiu “poñer fin a esta política caótica da administración en relación co sector. Non é explicábel a política de vedas actual e vaia como exemplo o que acontece coa centola agora fechada a actividade, pero que se abriu nos meses de verán cando é precisamente nos meses de Nadal cando esta debe estar aberta e co recurso nun estado máis óptimo pois é precisamente neste período cando o produto acada os mellores prezos e polo tanto cando se maximiza o beneficio. Non é tampouco de recibo a ausencia de ningún tipo de control as exportacións o que provoca que a baixura galega non de competido con pesquerías que entran de fora, do que é bo exemplo o que acontece co polbo, sendo actualmente o 70% do polbo que se consume en Galiza de procedencia estranxeira”.
Os nacionalistas marcaranse coo “reto para esta lexislatura unha modificación do réxime de cotizacións para os mariñeiros da baixura, posto que o actual, ao establecer un tope de cotización fixa provoca unha discriminación fronte outros traballadores por conta allea, xa que non lles permite ir aumentando a base cotizado a medida que se remata a vida laboral e por conseguinte ao final nos atopamos coas pensións de miseria dos nosos mariñeiros. Non estamos esixindo ningún trato de privilexio, simplemente que poidan xogar cos mesmas regras de xogo que outros traballadores por conta propia”.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



