Nota de prensa:
O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza o Outono Feminista en Mondoñedo
O I Encontro Feminista da Mariña terá lugar o próximo sábado 22 de outubro en Mondoñedo
O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza para o próximo 22 de outubro o Outono Feminista en Mondoñedo, o I Encontro Feminista que se realiza na Mariña. O Outono Feminista é un encontro concibido como espazo de debate e lecer no que pór en valor o traballo desenvolto polas mulleres galegas no ámbito cultural, entendendo a cultura como factor dinamizador dun pobo e dunha sociedade. Será na casa da xuventude de Mondoñedo, con actividades durante o todo o día, entre as 10 da mañá e as 20.30 da tarde, e contaremos coa presenza de mulleres galegas referentes no eido literario como Teresa Moure, Carme Blanco e Marica Campo; no eido musical como Olga Nogueira, Ugia Pedreira, e Guadi Galego; e no eido audiovisual como Carme Rábade, Diana Gonçalves e Margarita Ledo. Proxectarase tamén a curta “Bata por fóra, muller por dentro” de Claudia Brenlla, e o documental “Mulleres da raia” de Diana Gonçalves, seguidos por un tempo de debate e reflexión.
Haberá un xantar de convivencia, parcialmente financiada polo Observatorio para as súas socias e socios (a custe reducido de 8€), e prezo íntegro de 12 € para as persoas non socias. Para o xantar, que terá lugar no restaurante A Taberna do Valeco, no barrio dos Muíños mindoniense, é preciso anotarse previamente a través do correo observatorioigualdade@gmail.com, do facebook do Observatorio ou no teléfono 627.037.668.
Tanto as xornadas como o xantar están dirixidas a toda a xente que o desexe.
O programa do Outono Feminista é:
Mañá:
10h
Mesa redonda: Feminismo e escrita. A creación literaria das mulleres galegas. (Carmen Blanco, Marica Campo e Teresa Moure)
12.00h– 12.30h: Descanso
12.30h:
Mesa redonda: Músicas en feminino. As mulleres e a música en Galiza.
(Guadi Galego, Olga Nogueira e Ugia Pedreira)
14.30: Xantar de confraternidade (é necesario anotarse previamente)
Tarde:
16h:
Mesa redonda: As mulleres e o cinema en Galiza. (Diana Gonçalves, Margarita Ledo e Carmen Rábade)
18h – 18.15h: Descanso
18.15h:
Proxección da curta “Bata por fóra, muller por dentro” de Claudia Brenlla (18’)
Tempo de debate e reflexión
19h:
Proxección do documental “Mulleres da raia” de Diana Gonçalves (42’)
Tempo de debate e reflexión
20.30h: Clausura do encontro





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



