Nota de prensa
A credibilidade dos socialistas e o seu compromiso coa comarca da Mariña lucense están baixo mínimos e levaralles á derrota electoral
As mesmas promesas que onte fixo Blanco xa as tíñamos escoitado no pasado e á vista dos resultados foron flagrantes incumprimentos
O Ministro de Fomento comprometeu, en reiteradas ocasións e coincidindo con campañas electorais, a finalización da autovía do Cantábrico e o inicio do corredor.
A Mariña lucense, 30 de outubro de 2011.- O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro, asegurou que as mesmas promesas que puidemos escoitar no día de onte a Jose Blanco na súa visita á Mariña lucense xa as fixo no pasado e, “á vista dos resultados, convertéronse en flagrantes incumprimentos”.
Balseiro Orol explicou que o ministro socialista de Fomento prometeu, en reiteradas ocasións -e case sempre coincidindo con períodos electorais- a inminente finalización da autovía do Cantábrico e o inicio do tramo estatal do corredor, dúas actuacións que, “en sete anos de goberno socialista non foron quen de levar adiante”. O dirixente popular lembra que ambas infraestruturas recibiron o impacto directo e decisivo dos recortes socialistas e a falta de respaldo orzamentario o que se materializou en enormes atrasos ou bloqueos na súa execución.
“A hemeroteca da boa mostra das falsas promesas do ministro e puidemos escoitarlle palabras similares ás de onte -dixo Balseiro- tanto antes das eleccións municipais, como das europeas e ás autonómicas”. “En todas estas ocasións Blanco puxo data á finalización da autovía e en todas estas ocasións mentiu aos seus veciños”-explicou.
Jose Manuel Balseiro concluíu que a credibilidade dos socialistas e o seu compromiso coa comarca da Mariña lucense está baixo mínimos e que “xa ninguén pode crerse as falsas promesas do ministro lucense”. Desde o PP prognostican ademais que estas mentiras e a “desastrosa xestión dos sete últimos anos” levarán ao PSOE á derrota electoral.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



