Nota de prensa:
O PARTIDO POPULAR DE RIBADEO DENUNCIA A DEMAGOXIA E A MANIPULACIÓN DAS DECLARACIÓN DO ALCALDE
Á vista das demagóxicas declaracións do Alcalde de Ribadeo nas que compara a aportación da Xunta de Galicia á Escola de Música e á regata Transgascogne, o Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo desexa facer as seguintes consideracións:
Están facendo demagoxia “barata” en tanto que son absolutamente conscientes de que as aportacións da Xunta para estes conceptos pertencen a consellerías distintas e, polo tanto, non son intercambiables ou transferibles.
Que, de seguir o seu criterio, non consideramos que os 2,5 millóns que aporta a Deputación Provincial a Ribadeo deberan invertirse na construcción dun pavillón polideportivo e un campo de Fútbol 7 de herba artificial pois hai necesidades moito máis urxentes.
A regata Transgascogne é a única regata internacional na provincia de Lugo e, pola contra hai múltiples escolas de música e conservatorios, polo que, de querer comparar as cantidades debería facelo coa suma de aportacións a todas estas entidades da provincia.
A aportación da Consellería de Cultura e Turismo á regata non era un asunto prioritario pero foi unha importante axuda para un evento que contribue á promoción turítsica do Concello que vostedes teñen esquecida pois o gasto que orzamentan para o ano 2.011 é de 41 mil euros para Turismo e prevén gastalos puramente no mantemento da Oficina de Turismo. Nin un euro para nada máis que os gastos correntes ¿Onde van os 23 mil euros que lle adeudamos a Villas Marineras? ¿Onde van os 8000 que costaba a cuota nesta asociación e vostede prometeu en pleno fai dous meses que ía invertir noutras cousas para o desenvolvemento turístico? Falta nos fai que outras administracions nos axuden algo neste tema porque para vostede o turismo é aparecer nos medios facendo balances positivos do número de visitantes.
Pretende xustificar unha inmediata subida do coste de asistencia á Escola de Música con esta baixada de 12.000 euros na aportación rexional e MINTE porque Vostede sabe que a Escola é deficitaria e inviable económicamente posto que recauda 55.000 Euros e supón un gasto de 365.000. Asuma que o Concello ten que invertir para manter a Escola 50 millóns de pesetas anuais e explíquelle ós ribadenses qué se podería facer con ese diñeiro en asuntos sociais, por exemplo.
O Partido Popular deixou cando marchou da Alcaldía de Ribadeo un proxecto acordado coa Xunta de Galicia para a creación dun Conservatorio no que os alumnos pagan unha matrícula oficial pero tamén reciben unha ensinanza reglada con unha titulación recoñecida a tódolos efectos. Por riba, este novo servicio non suporía a eliminación da actual Escola de Música e Danza que podería sobrevivir con aquelas persoas que acudan por afición sin pretensión de obter titulación algunha. Pero preferiron seguir co seu sistema de vender un entretemento musical por un módico prezo, sufragando o importantísimo coste co diñeiro de todos e facendo que os alunos teñan que acudir a Viveiro para obter un título homologado. Si así o quixeron, agora non choren e, como é a súa costume, carguen a outros coas súas culpas.
A Xunta de Galicia mantén totalmente algún servizos do Concello, non a Escola de Música, efectivamente, pero sí o servicio de asistencia á dependencia para o que Consellería de Traballo e Benestar aporta 103.000 Euros e o Concello 0 euros.
E, para rematar, no “seu” orzamento, que vostedes elaboraron e aprobaron a semana pasada, orzamentaron en aportacións da Xunta de Galicia tan só dous mil euros menos que no 2.010, baixaron de 1.112.000 euros a 1.110.000.
En definitiva, o Sr. Suárez Barcia está, de novo, utilizando os medios de comunicación para facer victimismo e demagoxia. Si o Concello de Ribadeo está económicamente mal, a Xunta de Galicia tamén o está e non nos parece ético.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



