Nota de prensa
O Grupo Popular rexeita a proposición do BNG instando á Xunta a anular o convenio de colaboración asinado pola Consellería MATI, Deputación Provincial e Concello para a dotación de equipamentos de abastecemento, saneamento e novas redes viarias públicas
BALSEIRO CONSIDERA “INSÓLITO E ABSURDO” QUE O BNG PROPOÑA NEGAR AOS VECIÑOS DE BARREIROS A POSIBILIDADE DE DISPOÑER DE NOVOS SERVIZOS URBANOS E DE NOVAS INFRAESTRUTURAS
O bloqueo urbanístico decidido no seu día pola Xunta bipartita foi “estritamente político” e baseado en razóns de persecución ideolóxica: “Tiñan que agochar con Barreiros os desatinos que cometían socialistas e nacionalistas en Foz, Viveiro e Ribadeo”.
Emprazou aos socialistas, belixerantes co convenio, a falar cos seus compañeiros da Deputación de Lugo “que non só o asinaron, senón que tamén contribuirán ao seu financiamento, seguros das bondades do mesmo e de que servirá como solución fronte á parálise”
Santiago, 11 de outubro de 2011.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular Jose Manuel Balseiro Orol considerou “insólito e absurdo que o Bloque Nacionalista Galego propoña negar aos veciños de Barreiros, aos compradores de boa fe e aos futuros propietarios das vivendas deste concello da posibilidade de dispoñer de novos servizos urbanos e infraestruturas”. En consecuencia, os votos en contra dos parlamentarios do Grupo Popular serviron para rexeitar a proposta do BNG –debatida na mañá de hoxe no Pleno do Parlamento- e coa que os nacionalistas pretendían deixar sen efecto o convenio de infraestruturas que se levará adiante nesta localidade lucense.
O parlamentario popular quixo salientar que a base deste convenio nace precisamente da colaboración entre distintas administracións “de cor política variable”, como son a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Barreiros. O deputado lembrou que todas elas coinciden “na necesidade de poñer fin ao bloqueo urbanístico de Barreiros” e que o convenio ten como único obxecto dotar de equipamentos de abastecemento de auga potable, saneamento e novas redes viarias aos catro núcleos urbanos principais deste concello, e así garantir, polo tanto, a suficiencia destes servizos públicos.
O BNG COMO PROBLEMA PARA OS SEUS VECIÑOS
Na súa intervención, Balseiro Orol cualificou de “moi positivo” o esforzo que está a desenvolver o novo Goberno galego “para dar solucións e dotar de servizos alí onde outros –en referencia ao Bipartito- tan só ofreceron problemas, parálise e desemprego”. O deputado popular sinalou directamente ao BNG como a formación política “que máis dano fixo aos veciños de Barreiros” e lembrou que foron os nacionalistas quen no pasado “bloquearon as obras, denunciando por carta aos seus propios veciños, os que agora pretenden negarlles unha solución e os que no futuro pretenden privarlles de máis de 14,1 millóns de euros en investimentos”.
O deputado do Grupo Popular insistiu en enmarcar o bloqueo urbanístico de Barreiros, decidido no seu día pola Xunta bipartita, como unha decisión “estritamente política e motivada por razóns de persecución ideolóxica”. De feito, Jose Manuel Balseiro remarcou que ao Bipartito “o que menos lle importaba era o desenvolvemento ordenado e sustentable da construción”, pois tan só actuaron “porque alí había un alcalde do PP e podía servirlles de cabeza de turco e de cortina de fume para disimular os desatinos urbanísticos que socialistas e nacionalistas estaban a cometer en concellos veciños como os de Foz, Viveiro ou Ribadeo”. O deputado popular significou que mentres que en Viveiro había licenzas urbanísticas outorgadas con informes técnicos desfavorables, en Barreiros non acontecía esto, e pese a iso se impugnaron.
EMPRAZAMENTO AO PSOE
Jose Manuel Balseiro lembrou tamén o “dobre raseiro” da Xunta bipartita que daquela “acosaba” ao Concello de Barreiros onde a normativa urbanística permitía 2 ou 3 alturas, mentres que “pechaba os ollos en Foz, un concello veciño, separado a menos de 200 metros pola ría” e no que se estaban a dar ata 5 alturas. Lembrou tamén que os informes nos que se basearon gran parte das impugnacións das licenzas de construción de Barreiros foron elaborados en base a fotografías e mapas, sen que os técnicos visitaran o terreo.
Finalmente, o deputado popular quixo facer un chamamento a nacionalistas e socialistas para que rectifiquen na súa estratexia “criminalizadora contra Barreiros” e animoulles a sumarse “ao consenso que implica o convenio de infraestruturas e servizos” posto que o seu resultado será moi positivo para os veciños de Barreiros. No caso concreto do discurso belixerante que o PSOE mantén en Santiago contra o convenio, emprazoulles a que falaran cos seus compañeiros socialistas na Deputación de Lugo, “que non só asinaron o convenio, senon que ademais achegarán fondos para a súa execución”. “Falen vostedes con esta outra parte do PSOE que si está disposto a solucionar o problema que vostedes provocaron desde a Xunta bipartita e seguro os convencerá das bondades deste convenio”, puntualizou.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



