Nota de prensa:
Besteiro solicita por 7º vez un encontro con Feijóo para que defina a súa postura sobre o centro de recría e as residencias
– O Presidente provincial envía unha nova carta ó titular da Xunta, reiterando a necesidade de manter unha cita “inaprazable” para tratar “temas estratéxicos e de futuro en Lugo”
– Logo das numerosas peticións durante máis de 2 anos e medio sen obter resposta algunha por parte da Xunta, Besteiro ponse a disposición de Feijóo para que peche o lugar e data da celebración deste encontro institucional co fin de desbloquear esta situación
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, solicitou por 7º vez este martes ó Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, un encontro para tratar “temas estratéxicos e de futuro para a provincia”. Logo de coñecer mediante os medios de comunicación que, previsiblemente hoxe, o máximo mandatario autonómico ía visitar a cidade lucense, Gómez Besteiro enviou este martes unha nova carta a Núñez Feijóo na que, de xeito reiterado, o empraza a manter unha cita “inaprazable” para coñecer cal é a postura do Goberno galego ó respecto do 1º centro de recría público en España que está a construír o organismo provincial na Granxa Gayoso Castro ou das primeiras residencias con centro de días que fará realidade a institución luguesa na provincia.
Besteiro salientou que “é imprescindible esclarecer se a administración que ten competencias directas no medio rural en Galicia vai a participar no centro de recría no que estamos avanzando, investindo para elo 6 millóns de euros, uns 1.000 millóns das antigas pesetas, porque así o requiren ós gandeiros da Comunidade. Teño esperanza de que se impoña o sentido común e de que Feijóo considere esta aposta de futuro no rural. Pero hai outros proxectos como as residencias que, en plena campaña electoral dos pasados comicios municipais, todas as formacións políticas se comprometeron en solicitar ó Goberno galego a súa colaboración nesta iniciativa, na que a Deputación achega 12 millóns de euros á construción dunhas instalacións fundamentais para Lugo”.
Demora de 2 anos e medio
Trátase dun encontro que o titular provincial leva demandando dende hai 2 anos e medio logo de enviar unha primeira carta o 21 de abril de 2009 e non obter resposta algunha. O titular provincial remitiu outros 2 escritos o 2 de setembro e o 24 de setembro dese mesmo ano, logrando o mesmo nulo resultado. En novembro de 2009, aproveitando a única cita entre ambos os dous mandatarios para abordar exclusivamente, a situación dos hospital San Rafael e San José, o Presidente da Deputación entregoulle ó Presidente da Xunta un amplo dossier informativo no que xa lle avanzaba as necesidades da provincia lucense, entre elas o Centro de Recría, e lle insistía na necesidade desta cita para abordalas conxuntamente canto antes.
A Xunta tampouco respostou ós escritos remitidos o pasado 5 de xullo de 2011 e o 16 se setembro, cando Besteiro convidou persoalmente a Feijóo a visitar as obras do centro de recría que, en solitario, está a levar a cabo a institución provincial nas instalacións da Granxa Gayoso Castro. Recentemente, o Presidente da Deputación aproveitou a visita do Presidente da Xunta a Lugo con motivo do inicio das obras do auditorio para lembrarlle a cita pendente.
Tendo en conta a urxencia e o retraso de 2 anos e medio deste encontro, na carta remitida hoxe Besteiro ponse a disposición de Feijóo, salientando a “independencia” do lugar onde se celebre a reunión co obxectivo de “desbloquear asuntos específicos da Xunta de Galicia na provincia de Lugo e temas estratéxicos para o desenvolvemento económico-social. No escrito, o Presidente da Deputación agradece de antemán ó Presidente da Xunta “que fixe canto antes este encontro institucional, xa que a dimensión dos asuntos a tratar, como ben comprenderás, non poden permitirse máis demora”.
























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



