Nota de prensa
No último pleno celebrado no Concello de Burela, o pasado xoves, o goberno municipal, en boca do Sr. Alcalde deu ao fin unha “explicación” de por que decidiron non apostar polo Seminario de Jazz e Música Moderna que dende hai catro anos viña organizando e financiando a Delegación de Educación do Concello de Burela. Segundo González Barcia, este goberno vai empregar o diñeiro que nos orzamentos 2011 estaba asignado á realización deste seminario en “ampliar a oferta educativa da Escola de Música” e “extendela a un maior número de alumnos/as”. Esto significa que para o Sr. Alcalde o Seminario de Jazz non significaba ampliar a oferta educativa da Escola. Con respecto a isto, dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE temos algunhas cousas que aclararlle e recordarlle a este goberno.
O primeiro que queremos dicirlles é que están moi pouco lexitimados para falar deste Seminario posto que non saben nin o que significa, xa que en ningunha das catro edicións que se celebraron do mesmo fomos capaces de ver a ningún concelleiro nin persoa algunha vinculada co goberno ou co partido do goberno burelés. Xa sabemos que ao Alcalde a música que máis lle gusta é o rock, mais permitímonos a licenza de aconsellarlle que debe ter en conta as demáis sensibilidades que existen no pobo e na Escola de Música. En relación con isto hai que recordarlle que na terceira edición do Seminario a matrícula foi de 60 persoas, das que máis de 40 estaban matriculadas na Escola. Tendo en conta que a Escola contaba cunha matrícula de 100 alumnos/as, non sabemos que quere dicir o Sr. Barcia con iso de que vai ampliar a oferta educativa a un maior número de alumnos…
Para rematar queremos recordarlle ao goberno municipal e, especialmente á Concelleira de Educación, Mónica Pedre algo que eles non saben, porque non viron xamáis de que se trata un Seminario que xa convertiu a Burela nun referente galego no que se refire ao estudo deste tipo de música. Este seminario significa ampliar a oferta educativa a unha morea de alumnos/as que terían que ir, como mínimo a Compostela para adquirir este tipo de coñecementos e isto, deixando a un lado o ambiente do que xa son partícipes tras catro anos de Seminario e deixando tamén a un lado os concertos nocturnos. Estes concertos significan que o Concello ofertaba unha programación cultural durante toda unha semana atractiva para un grande número de persoas, aínda que para
saber isto, os concelleiros terán que ir a algún concerto….En conclusión, afirmamos que o seminario non era tan caro como o Sr. Alcalde se empeña en facernos ver, posto que o prezo inclúe clases e programación cultural. Din que van destinar o diñeiro que custaba a contratar un profesor de oboe. Nós temos que dicirlle que a demanda deste instrumento debeu nacer este ano, posto que en anos anteriores a nós pedíansenos profesores de frauta e especialmente de guitarra, xa que son moitos os alumnos que saen do noso Concello para aprender a tocar este instrumento. Levábamos dous anos ofertando a matrícula gratuíta para os alumnos de oboe sen que se matriculase ninguén, mais supoñemos que este ano, de repente, haberá unha morea de alumnos que desexen estudar oboe.
De calquera xeito, o que está claro é que o jazz está a gozar dun bo momento no noso Concello e proba diso é o premio que recentemente gañou o grupo burelés Marosa Jazz Project, ao que aproveitamos para felicitar sinceiramente ao tempo que os animamos a seguir traballando como facían ata o de agora. Tamén queremos felicitar e animar a todos os pais e nais que este ano decidiron organizar o Seminario de Jazz, evitando así que desaparecera co seu tesón. Eles foron capaces de conseguir finaciamento (da Deputación de Lugo) e de organizar un seminario que non perdeu en calidade, máis ben ao contrario. Parabéns, e ánimo para a organización do V Seminario de Jazz, que xa sabemos que non contarán co apoio deste goberno municipal, ao que só lle importa a música clásica.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



