O 21 de octubro, a asociación cultural Península da Paz de San Ciprián levará a cabo en colaboración coa Fundación Alcoa e o Concello de Cervo a limpeza, acondicionamento e sinalización do antigo camiño entre a ría de San Ciprián e a fonte do Guioncho. Esta actuación enmárcase dentro da colaboración do Concello coas iniciativas que se desenvolven dentro do seu termino municipal ao abeiro do Plan Acción da Fundación Alcoa e o seu obxectivo é recuperar este antigo camiño que usaba a poboación de San Ciprián para recoller auga en dita fonte.
