NOTA DE PRENSA.-
XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 4ª TIRADA
(Campo Fútbol de Xove – Sábado, 29 de outubro 2011)
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CAMPO DE FÚTBOL DE XOVE (29 OUTUBRO 2011 ) 38 INSCRITOS: 23 NA LIGA SENIOR, 7 NA LIGA SUB 16 E 8 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 223 | 12 |
| SEGUNDO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 220 | 10 |
| TERCEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 218 | 8 |
| CUARTO | ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 193 | 7 |
| QUINTO | JORDI MEITÍN SERANTES | 189 | 6 |
| SEXTO | ARTURO VIGO CASABELLA | 183 | 5 |
| SÉTIMO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 182 | 4 |
| OITAVO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 181 | 3 |
| NOVENO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 164 | 2 |
| DÉCIMO | JOSE VIGO LAGE | 160 | 1 |
| MELLOR BOLADA | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 85 | 1 |
| LIGA SUB 16 | |||
| PRMEIRO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 114 | 6 |
| SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 96 | 4 |
| TERCEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 80 | 3 |
| CUARTO | GONZALO FERNÁNDEZ SILVA | 60 | 2 |
| QUINTO | LARA DOMÍNGUEZ BAÑO | 31 | 1 |
| MELLOR BOLADA | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 53 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ | 96 | 6 |
| SEGUNDO | CARMEN ROCA CORRAL | 87 | 4 |
| TERCEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 85 | 3 |
| CUARTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 72 | 2 |
| QUINTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 33 | 1 |
| MELLOR BOLADA | DOLORES BAÑO FRAGA | 50 | 1 |
-Tarde moi agradable cun sol expléndido. 38 inscritos: 23 na Liga Senior Masculina, 8 na liga SEnior Femenina e 7 na Liga Sub 16.
Liga Senior Masculina.- Espectacular victoria de Ginés Rodríguez, quen despois de dúas semanas sen participar realizou unha tirada expléndida, acadando tamén a mellor bolada, e batindo nos últimos instantes a José Rafael González, que ía destacado despois das dúas primeiras boladas. Esta victoria permítelle a Ginés encaramarse á terceira posición na táboa con 20 puntos. O segundo posto nesta tirada foi para Andrés Rodríguez, quen tamén sobrepasou os douscentos tantos, e con 15 puntos ascende da 12ª posición á 7ª, compartindo posto con Sócrates Campo. Por outra banda, o gran animador da tarde foi José Rafael González que por segunda semana consecutiva acadou o terceiro posto, confiándose na última tirada o cal lle costou seguramente a victoria neste campo. Así e todo, cos 8 puntos acadados, José Rafael pasa da 8ª á 4ª posición, ubicación máis acorde coa súa categoría, xa que se trata do vixente campión e un dos grandes animadores e favoritos finais a facerse co trunfo final. A clasificación encabézaa outra semana máis Arturo Vigo con 37 puntos, gracias aos 5 puntos acadados nesta tirada. Segundo continúa Luis Rancaño con 26 puntos e que non participou nesta tirada; realmente unha pena, xa que Luis foi operado dunha rodilla e vai estar de baixa os vindeiros meses; toda unha mágoa para un xogador que comezou a temporada cun nivel moi alto e cunha gran motivación. Dende aquí queremos desexarlle unha pronta recuperación, esperando velo con nós o máis asiña posible.
Liga Senior Feminina.- Victoria sorpresa de Leonor Casabella, quen pasa do 7º ao 3º posto na xeral. Líder sigue Carmen Roca con 20 puntos, ampliando a súa vantaxe sobre Belén Meitín que é segunda con 17 puntos. O terceiro posto está compartido pola citada Leonor e por Dolores Baño, a vixente campiona, quen segue sen arrancar, mostrándose moi irregular.
Liga Sub 16.- Os irmáns Cardoso (Isaias e Salomé) coparon as dúas primeiras posicións, xunto co líder Daniel López. A victoria de Isaias permítelle compartir liderato con Daniel, ambos con 18 puntos, seguidos da vixente campiona Salomé Cardoso con 11 puntos. Ata o momento son os tres xogadores máis regulares e que mellores maneiras están a amosar.
A Vindeira tirada vai ter lugar na Bolera do CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO NA PARROQUIA DE XUANCES, O VINDEIRO SÁBADO, 5 DE NOVEMBRO DE 2011.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
