VIVEIRO: COMO AFRONTAR UN CONCELLO EN RUÍNA
O concello de Viveiro, en particular, enfróntase nestes momentos a unha difícil situación como consecuencia da nefasta xestión económica dos dous últimos alcaldes e da crise económica, de forma que se atopa cerca do colapso financeiro, en situación extrema que lle poden impedir ata nalgúns casos prestar os máis elementais servizos e facer fronte ás súas obrigacións correntes.
Nestes momentos de inicio de mandato dos novos equipos de goberno, é necesario coñecer obxectivamente as causas e a realidade da situación económica desta entidade, para poder acometer as actuacións e plans necesarios.
Neste contexto, e importante chamar a atención sobre a necesidade de maior transparencia (auditorías) e eficiencia (plans de acción) na xestión da administración local de Viveiro para garantir aos cidadáns a prestación dos seus servizos básicos e a transparencia e o control dos fondos públicos’.
Así as cousas, dende aquí quero suxerir algunhas medidas que mais axiña que tarde tería que facer o Concello de Viveiro para solucionar este grave problema de caixa:
Como primeira medida urxente está a obrigación de levar a cabo unha redución dos salarios aos empregados municipais que ingresen máis de 40.000 euros, oscilando as porcentaxes de redución desde o 1,5% ata o 31,5% para os salarios que superen os 140.000 euros.
Ademais, teríase que facer unha redución de persoal, poñamos un exemplo, nun concello onde as licencias de obra brillan pola súa ausencia ¿Que fan dous arquitectos e dous aparelladores en nómina? Neste sentido, teríase que poder chegar a un acordo cos traballadores que permita levar a cabo esta redución.
Tamén habería que valorar a continuación de varios chiringuitos do concello como oficina da migración, oficina de emprego, consumidor etc etc que poderían integrarse en Sevicios Sociais, digo eu.
Igualmente, para sacar cartos habería que poñer en valor moitos dos edificios propiedade do Concello e que non están sendo utilizados: Pazo da Misericordia, Colexio Santa Rita, Casa dos mestres, Pazo dos Calvo Sotelo…con un cambio no modelo de xestión e creación de concesións administrativas para a explotación destes recursos.
Na lista de medidas tamén terían cabida todas aquelas encamiñadas a aumentar os ingresos, xa que en todo momento insisto en que o que propoño e un plan de axuste porque non se trata só de reducir. En concreto, falo dun novo modelo de xestión urbanística para impulsar a creación de emprego vinculada precisamente ao impulso urbanístico. Entre as medidas, a mencionada tamén a integración no documento do Plan Especial de Vivenda nos cascos históricos.
Existen tamén medidas máis prosaicas para afrontar a crise nun concello que atravesa «unha situación límite» e onde os provedores apertan
En alumeado público pódese aforrar uns 150.000 euros anuais. Si se segue os pasos do rexedor de Corcubión, que decidiu apagar unha de cada dous farois para reducir a factura da luz do Concello., pero eu iría a máis dende as 12 da noite apagaría todas as luminarias prescindibles de todo o concello, redución ata un 20% os cartos que se adican a festas e saraos varios, unha redución de o 50% en todo tipo de subvencións a entidades culturais e deportivas, un recorte mínimo do 22 % do persoal que traballa no Concello. E tamén apertar o cinto de institucións como o Conservatorio de Musica, pois creo que os alumnos non van verse afectados polos recortes.
Para rematar, quero deixar claro que este documento marca a folla de ruta para saír adiante, porque teño claro que Viveiro ten solución. Insisto en que é unha simple idea de alguén que critica pero tamén fai propostas para un primeiro plan urxente e necesario porque estamos entre os concellos que peor están con moitos millóns de débeda, pero con estas medidas pódese iniciar o camiño para recuperar a confianza e a credibilidade.
Otero Regal




















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



