REFERENCIA “O Espiño”
COMPROMISO ÉTICO
Todos os candidatos pola CIG, comprometémonos a cumprir co seguinte decálogo no exerci-
cio das nosas funcións como representantes electos do Comité de Empresa.
1. Tomar posesión do cargo de saír elixido.
2. Acatar as decisións da maioría dos traballadores.
3. Informar puntualmente aos traballadores, en asemblea ou polos departamentos.
4. Utilizar as horas sindicais para exercer a representación encomendada.
5. Compatibilizar as labores do cargo coa asistencia ao posto de traballo.
6. Non pactar a baixa incentivada na empresa durante o exercicio do cargo.
7. Presentar a dimisión como membro do Comité de incorporarse un familiar directo na Plantilla.
8. Non usar o cargo para recomendar a entrada de familiares ou amigos.
9. Propoñer a inclusión do presente decálogo no regulamento de funcionamento do Comité de Empresa.
10.Exercer o mandato respectando as normas e regulamentos do Comité de Empresa.
Obxectivos para a próxima lexislatura
Xa dixemos que non imos facer receitas con ilusorias reivindicacións que rematen na papeleira, os obxectivos da CIG nesta lexislatura están na liña dos que nos marcáramos no inicio do 2008.
Por un lado os propios de funcionamento no Comité de Empresa e polo outro os que implica a negociación colectiva e reivindicacións cara a empresa. Imos debullar cada unha delas
Un Comité de Empresa de todos epara todos
Copiamos e pegamos as mesmas propostas de catro anos atrás. Tan só unha autocrítica, na celebración de asembleas xerais ordinarias non tivemos a participación que requiren estes chamamentos, nas últimas temos acudido pouco máis dun centode traballadores. En algo teremos fallado, e dalgún xeito haberá que motivar a participación nestes actos, son unha oportunidade para expoñer en voz alta e con testemuñas, propostas, dúbidas, críticas, etc…
A outra liña de actuación, cara a reivindicar diante da Dirección da Empresa, terá que estar marcada por Unha seguridade e saúde real
Importantísimo a función dos Delegados de Prevención. Formación,compromiso sen ataduras e un respaldo técnico son indispensables e
na CIG asumimos estas premisas.
Mantemento do poder adquisitivo
Pouco hai que dicir ao respecto,témolo clarísimo.
Inversións e sostibilidade das instalacións
O futuro da planta pasa por acadar compromisos da Dirección pois xogámonos a seguridade física das persoas e os postos de traballo.
A plantilla
Cobertura vacantes, cobertura de baixas prolongadas, menos traballos sub-contratados e máis contratados directos, minguar a incidencia das contratacións eventuais e por ETTs, prorrogar a vixencia dos contratos de remuda. Son os aspectos que haberá que desenrolar e nos que debemosseguir a loitar.
O Convenio
Facer del un manual práctico e comprensible, que non permita agravios, que se poida aplicar en cada recuncho da factoría. Exemplos te-
mos: todo un capítulo de Igualdade Efectiva Mulleres e Homes que non recolle máis aló que o que di a lei; un artigo denominado Mesa polo Emprego que non ten función algunha, outro de Traballos de Superior Nivel que non se recoñece en todos os departamentos e servizos
-> Celebración dun mínimo de dúas asembleas xerais de
traballadores o ano con carácter ordinario e as que se
precisen con carácter extraordinario.
-> Cumprimento do servizo de atención aos traballadores
nos locais sindicais tódolos días laborables de X. Normal.
-> Rexistro das consultas, queixas e propostas dos traballa-
dores nun Libro de Consultas, e a contestación pertinente
a cada unha delas.
-> Publicación das Actas dos Plenos, Asembleas etc. corres-
pondentes nos taboleiros en tempo e forma
-> Conformación dun Comité onde tódolos grupos teñan res-
ponsabilidades en función da representatividade.
-> Participación de tódolos grupos nas tarefas de Delegados
de Prevención e Comisións de Control dos Plans de Pen-
sións. Priorizando a participación de todos antes que a
proporción da representatividade acadada.
-> Adiantar as eleccións ata ter tres meses de marxe para
iniciar a negociación de futuros convenios.
-> Levar ao Pleno do Comité, tanto estas propostas coma o
decálogo ético asinado pola CIG, para o resto dos grupo






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



