Nota de prensa
APROBANSE AS CATRO MOCIÓNS QUE O BNG PRESENTOU A PLENO
O Bng de Alfoz consegue que se lle aproben por unanimidade as catro mocións que presentou ó pleno ordinario celebrado o pasado venres días 25 a 21:00 horas da noite.
Dende o Bng presentamos a modo de mocións as seguintes iniciativas:
Que se remate o trazado da senda peonil realizada dende Vilaude a Reirado, e chegue ó veciño concello do Valadouro, que se realicen arranxos e melloras no parque da granda de San Pedro, se dote dunha pista con canasta e portería xa que non ten habilitado ningún espacio para que os rapaces poidan practicar deporte. Igualmente presentamos mocións para que se solucionen os anegamentos de fincas en Carballido, e para que o concello realice un plan de aforro enerxético, “dende o Bng estamos especialmente contentos con que se aprobara esta moción, pese a demagoxia inicial do pp que fai tan so seis meses en plena campaña instalaba ducias de focos innecesarios por todo o concello, ahora, finalmente accede a usar o sentido común e facer caso a reiterada petición do Bng de optimizar os recursos enerxéticos o cal supón incluso un aforro superior os 30.000 euros anuais”. Alfoz ten un coste enerxético medio anual de 100.000 euros anuais dos cales se poden aforrar en torno ó 30%.
O Bng de Alfoz está dando co seu traballo, dende que comenzou a lexislatura un claro exemplo de compromiso cos veciños, xa que dialogando, traballando e aglutinando todo o positivo que pode aportar cada grupo político da corporación está a conseguir que en beneficio dos veciños se aproben por unanimidade a meirande parte das mocións que presenta.
Dende o Bng tamén presentamos por urxencia unha moción para instar a Xunta de Galicia a que retire a actual normativa que está a implantar referente a tarxeta sanitaria e que está deixando sen cobertura a numerosas persoas, lamentablemente para o PP de Alfoz non é urxente solucionar o problemas de moitas persoas que se están quedando sen cobertura sanitaria gratuita e están a espera de que se lles solucione o problema.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



