A FAROLA DE MARZÁN
Son unha persoa que ve día a día o deterioro en canto a limpeza que temos por calquera lado que pasemos polo noso concello de Foz. Da noxo. Sempre un ten a paciencia de esperar un tempo para que reparen, limpen o melloren algunhas cousas. A foto que presento hoxe, non ten cualificativo, a verdade que non sei a ciencia certa o tempo que leva esta farola tirada no chan, pero polo menos mes e medio se o leva. Onde se encontra?, pois ni máis nin menos que na entrada a Foz en Marzán.
Non e de recibo ver tirada diante, entre as silvas, dun novo edificio(por certo eu pensaba que cando se acaba unha obra tiña a obriga o construtor de facer as beirarrúas do seu fronte)unha farola do alumeado da estrada e no trozo da base dela, na beirarrúa, un cono sinalizando para non tropezar con ela. Sempre se dixo que “vendo a caseta así seria o can”, os veciños de Foz xa estamos acostumados a ver e ver estas cousas, ademais vivimos neste pobo,e coma se dice ” eche o que hai “, pero os que veñen a este pobo de visita, que pensaran cando a entrada ao pobo xa se encontran con esta decoración. Non sei quen ten que amañar esta aviría pero o que si sei e que quen máis interese ten que ter na súa reparación é o concello. Así que maos a obra, falar menos e facer máis.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



