A MESA INTERINSTITUCIONAL DE VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE RIBADEO CONSTATA UN ESTANCAMENTO NO AVANCE PARA ERRADICAR ESTA LACRA.
Ribadeo, 24 de novembro de 2011. A Mesa Interinstitucional de Violencia de Xénero do Concello de Ribadeo constata un estacamento no avance para erradicar esta lacra social. En Ribadeo máis do 78% das mulleres vitimas de malos tratos son menores de 45 anos. Éste é un dos datos da reflexión que fai esta Mesa, que se reúne trimestralmente, e que realiza a seguinte valoración sobre a violencia de xénero existente no concello de Ribadeo:
“Na primeira década deste século, morreron 690 mulleres por violencia de xénero no estado español. No que vai de ano 57 mulleres foron asesinadas polas súas parellas (dúas en Galicia). Os casos de violencia de xénero no Concello siguen a manterse en correlación con outros anos, sen ter datos que amosen o contrario ou que avalen un ascenso.
Sen embargo, estáse a dar unha normalización da violencia entre as xeracións máis novas. No concello de Ribadeo, o 78,6% das mulleres vítimas de violencia de xénero son menores de 45 anos. Incluso se dan casos nas relacións entre mozas e mozos que aínda non chegaron á maioría de idade. Desde o ano 2005, máis de 1800 rapaces menores de idade foron denunciados no estado español por violencia machista.
Por iso, é moi importante traballar cos centros educativos, e coas familias. Hai un relaxamento no ámbito da educación regrada e non regrada e nas familias, que non lle dan suficiente entidade a esta problemática ata que teñen que vivila de cerca. Todo isto vencellado, ao papel que desempeñan os medios de comunicación como axentes de socialización que segue a transmitir, con máis forza, unha mensaxe estereotipada que contribúe a fomentar as relacións desiguais, nas que a muller segue a ser sumisa, dependente e unha muller-obxecto e non suxeto. Como consecuencia, constátase un enorme retroceso en canto aos ideais que xiran arredor das relación amorosas (valoración positiva do ideal romántico, da posesión e os ciumes como valores que reflicten o amor…). Neste sentido, non se está a cumprir a lexislación vixente, cómo a Lei de igualdade e a Lei integral de violencia de xénero ou a Lei galega.
Cómo xa denunciabámos o pasado ano, está a introducirse unha confusión no discurso a raíz da difusión de determinados mitos falsos, mitos como o das denuncias falsas por parte das mulleres para obtér ventaxas nos procesos de divorcio, separación xudicial ou ruptura das parellas de feito, o extendido uso do síndrome de alineación parental, utilizado na última década no eido xudicial para xustificar argumentos para cambios de custodia, e que vén sendo denostada por expertos/as en violencia de xénero desde xuristas ata persoal sanitario (Asociación Española de Neuropsiquiatría, Consello do Poder Xudicial, OMS, Asociación Mundial de Psiquiatría, a Asociación de Psicólogos Americana, Asociación Americana Médica). E o desprestixio e deturpación que se está a facer por parte de diferentes sectores da lexislación vixente en materia de violencia de xénero.
Desde o ámbito institucional débese sensibilizar á sociedade sobre a dimensión e a causa desta problemática, profundizar nas súas causas e no seu carácter ligado ao sexismo e á discriminación, para poder adoptar medidas eficaces desde todas as áreas, porque a violencia contra ás mulleres ten una orixe social e cultural, nun proceso de socialización dos varóns que consiste en decirlles que a masculinidade failles superior aos demais. Porque unha sociedade que non xera mecanismos de protección eficaces é tan nefasta como unha sociedade que non fomenta mecanismos de adaptación”.
Da Mesa Interinstitucional de Violencia de Xénero do Concello de Ribadeo forman parte representantes da Garda Civil, da Policía Local, do centro de saúde, dos catro centros educativos, ademáis de persoal do Concello e do CIM. A Mesa está presidida pola concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



