NOTA DE PRENSA
XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 5ª TIRADA
(Centro Social O Cruceiro – Sábado, 5 novembro 2011)
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO (5 NOVEMBRO 2011 ) 30 INSCRITOS: 19 NA LIGA SENIOR, 4 NA LIGA SUB 16 E 7 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 192 | 12 |
| SEGUNDO | ARTURO VIGO CASABELLA | 183 | 10 |
| TERCEIRO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 183 | 8 |
| CUARTO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 178 | 7 |
| QUINTO | JORDI MEITÍN SERANTES | 160 | 6 |
| SEXTO | JOSE VIGO LAGE | 141 | 5 |
| SÉTIMO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 125 | 4 |
| OITAVO | MODESTO ALBO VIDAL | 109 | 3 |
| NOVENO | ARTURO VIGO CORA | 105 | 2 |
| DÉCIMO | RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ | 89 | 1 |
| MELLOR BOLADA | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 76 | 1 |
| LIGA SUB 16 | |||
| PRMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 28 | 6 |
| SEGUNDO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 24 | 4 |
| TERCEIRO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 15 | 3 |
| CUARTO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 0 | 2 |
| QUINTO | 1 | ||
| MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 28 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA | 36 | 6 |
| SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 21 | 4 |
| TERCEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 13 | 3 |
| CUARTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 3 | 2 |
| QUINTO | CARMEN ROCA CORRAL | 0 | 1 |
| MELLOR BOLADA | BELÉN MEITÍN ROCUO | 21 | 1 |
-Tarde moi desagradable, con fortes choivas, o que fixo que a participación, en especial a Sub 16, se resentise, xa que só contamos con 4 participantes. 30 inscritos: 21 na Liga Senior Masculina, 7 na liga SEnior Femenina e 4 na Liga Sub 16.
Antes de pasar a falar de cada unha das Ligas, temos que decir que o campo no que se xogou esta semana é bastante especial, xa que se trata, con moito, do campo máis difícil de todo o campeonato. É un campo cunha importante inclinación, que dende o lugar da tirada vai en costa arriba, o que fai que as cucadas normalmente sexan numerosísimas, especialmente nas Ligas Sub 16 e Senior Feminina, pero tamén na Liga Senior Masculina. Por poner un exemplo, o líder ata a semana pasada da Liga Sub 16, Daniel López, cucou as tres tiradas, non conseguindo facer ningún tanto.
Liga Senior Masculina.- Victoria moi meritoria de Marcelino Rodríguez con 192 tantos, un gran tanteo tratándose do campo de O Cruceiro. Encabeza a clasificación o incombustible Arturo Vigo, quen gracias ao segundo posto acadado dispárase na clasificación con 47 puntos, 21 máis que Luis Rancaño, o cal, como xa dixemos a semana pasada vai estar as vindeiras semanas no dique seco por unha lesión. En terceira posición temos a Francisco Pérez con 25 puntos, quen gracias aos puntos da terceira posición ascended ende a 5ª posición. Sigue a clasificación con Ginés Rodríguez en 4ª posición e 20 puntos e José Rafael González quinto con 19 puntos.
Liga Senior Feminina.- Nova victoria sorpresa nesta categoría, neste caso a cargo de Carmen Martínez, xogadora máis veterana do campeonato e muller do xogador máis veterano (Modesto Albo). Debido á norma aprobada no Centro Social de Lago pola que ás xogadoras maiores de 70 anos se lles permite a “cucada”, Carmen foi capaz de irse ao 36 tantos e gañar. Como decíamos ao comezo desta nota, o campo estaba tan difícil que a líder ata esta semana Carmen Corral non foi capaz siquer de facer ningún tanto, xa que “cucou” as tres tiradas. Se obtivo o quinto posto foi porque lle gañou o desempate a outras xogadoras que tampouco conseguiron facer ningún tanto nas tiradas. A segunda posición de Belén Meitín máis a bolada, permítenlle acceder ao liderato con 22 puntos, relegando a Carmen Roca á segunda posición con 21, seguidas a bastante distancia por Salomé Bermúdez e Dolores Baño con 10 puntos.
Liga Sub 16.- Esta vez foi Salomé Cardoso, a vixente campiona, quen logrou gañar a tirada, o que fai que con 18 puntos se achegue aos dous primeiros clasificados. Encabeza en solitario Isaias Cardoso con 21 puntos, un máis que Daniel López.
A Vindeira tirada vai ter lugar na Bolera do CENTRO SOCIAL DE A VARA NA PARROQUIA DE XUANCES, O VINDEIRO SÁBADO, 12 DE NOVEMBRO DE 2011.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
