Nota prensa
AS OBRAS QUE SE ESTÁN A REALIZAR NA RÚA SAN ROQUE OCASIONARÁN MODIFICACIÓNS NO TRÁFICO RODADO POR ESA ZONA E POLAS SÚAS INMEDIACIÓNS.
Ribadeo, 7 de novembro de 2011. As obras de acondicionamento que se están a realizar na rúa San Roque ocasionarán modificacións no tráfico rodado por esa zona e polas súas inmediacións desde o xoves, 10 de novembro, e ata o vindeiro mes de decembro.
Os condutores atoparán sinal de rúa cortada e limitación de tonelaxe a 12 toneladas no cruce de Virxe do Camiño con Luz Pozo Garza; na rúa San Roque á altura da rúa Vilalba, e no cruce de Rosalía de Castro coa Lodeira. Tamén se habilitará o espazo público detrás do Cine Teatro para o acceso exclusivo dos residentes na Avenida de Calvo-Sotelo.
Desde a Policía Local informan tamén que “por parte da empresa constructora se procederá a habilitar un paso por enriba da mediana de Rosalía de Castro para facilitar o cambio de sentido. Será nun punto próximo ao cruce onde se desenvolverán os traballos que ocasionarán o peche desta rúa”.
Estes cambios serán efectivos desde as 8:30 horas do vindeiro xoves, 10 de novembro, ata os primeiros días do mes de decembro, “por mor do tempo de fraguado do formigón que se lle dará a ese vial, á rúa San Roque”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



