OS Sendeiros de Foz celebramos o sábado 26 , a asemblea anal ordinaria no centro CENIMA de Foz co unha gran afluencia de soc@s.
Ao final da Asemblea proxectouse un DVD do “V encontro río Ouro e praias de Foz” cunhas fermosas vistas. Este proxecto foi realizado polo nosos compañeiro Luciano Devesa Mancebo que fixo un traballo espléndido.
Despois da asemblea xuntámonos no Restaurante O Asador de Barreiros as dez da noite para a cena de soci@ e simpatizantes.
Durante a sobremesa da cea lles fixemos entrega a :
– Francisco J. freitas Arias de Navia gañador con 200 € e trofeo do IV concurso fotografía río Ouro e praias de Foz, coa fotografía Melancolía na praia Llás de Foz.
– Jesus Rey Lestegás a VI Sardiña 2011 que este ano fíxose merecedor do anagrama dos Sendeiros pola gran persoa que e, e gran colaborador coa a asociación.
Comentar que toda a cea estivo moi animada e amenizada polo grupo Vivarium de Viveiro ata altas horas da madrugada.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



