Nota de prensa
Xosé Regueiro e Carme Otero profetas na súa terra.
A serpe multicolor da LNB segue abrindo novos camiños e desprazóuse desta volta ata A Pontenova, donde ca Praza dos Fornos ateigada de xente, se celebrou o “I Aberto do Ferro”, torneo de billarda correspondente a 3ª xornada da liga regular da LNB.
A estrea billardeira non puido ser millor xa que se pasou dos sesenta palanadores que romperon tódolos rexistros nun aberto da Conferencia nai.
O bondade do día axudou a vistosidade da competición. Sin nubes no ceo, Lorenzo luciu maxestuoso o comezo da xornada ainda que paseniño e por mor da grande cantidade de xente non tivo outra que se retirar e dar paso o fuscolusco no que se xograron as carreiras de desempate polos postos de honra.
Cabe destacar, por riba do bo facer dos anfitrións que contribuiu o éxito deportivo da xornada en xeral, o espectacular rendemento das dúas franquicias da Pontenova, Pau de Toxo e Troitas Bravas. Xoragon moi ben e foron profetas na súa terra deixando craro que non van de comparsas. Os adestramentos oficiais deron fruto ca consecución do título individual no aberto e o 3º posto en donas.
O “troitobravo” Xosé Regueiro foi quen de gañar as cinco carreiras (10 puntos), o que lle deu o 1º posto no aberto.
Polo segundo e terceiro posto loitaron ó millor de tres carreiras outros tantos palanadores chegados do Sur: Cristian, Lois Camiña e Xan Rodiño (empatados a 9 puntos). A veterania de Camiña e mais Rodiño, chimparon fora da loita ao xoven Cristian e repartironse entre eles o 2º e o 3º posto.
No apartado de donas, na disputa do 1º e 2º posto enfrontaronse a dúas carreiras Bea (Remourelle Bulls) e Reyes (Os Outros), con 8 puntos cada unha. Foi a vixente campiona Nacional Reyes quen se fixo co podio e polo tanto Bea subiu o segundo caixón. O 3º posto ocupouno Carme do equipo local de Troitas Bravas con 7 puntos.
Para a seguinte xornada tamen se agarda unha grande participación. Será o “II Aberto de Flores” en San Miguel de Reinante. Co cambio de hora xa vixente, comenzaremos a xogar as 16,00 h. para non ter que rematar a xornada entre fachos.
Na clasificación segue Guille (27 p.) de primeiro pero seguido de cerca por Markytos (26 p.) e Reyes (25p.)
En varados Markytos iguala a Guille (2 varados).
No apartado de equipos os Billardeiros Musicais (94 puntos ) desbancan a Os Outros ( 93 puntos ) do primeiro posto, en terceiro lugar seguen os Batea (86 puntos).





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
