Nota de prensa:
UNHA AVARÍA NA REDE QUE SUBMINISTRA AUGA Á EDAR DA SENRA PODERÁ PRODUCIR NOS VINDEIROS DÍAS PROBLEMAS DE TURBIDEZ NA AUGA DA TRAÍDA
Cervo 26 de novembro de 2011.- Operarios da empresa Espina y Delfín, concesionara do consorcio de subministro de auga aos concellos de Cervo e Burela, informaron esta mañá aos responsables municipais da rotura dun treito na tubaxe que abastece de auga dende o embalse de Rúa ata a ETAP da Senra.
Segundo dixo a delegada de Medio Ambiente, Begoña Alonso, dende a empresa encargada de abastecer auga potable aos dous concellos consorciados precisáronlle que a devandita avaría obrigounos a cortar o subministro dende Rúa e poñer en funcionamento a captación de auga procedente do embalse de Río Cobo, o que pode derivar nos vindeiros días algúns inconvenientes para os veciños.
“Tenemos que advertir a la ciudadanía que durante el día de hoy y quizás también mañana, los vecinos no noten ninguna anomalía en el agua que reciben en sus casas, puesto que actualmente nos estamos abasteciendo del agua depurada que está en los depósitos de la ETAP; pero tal vez, en los días sucesivos, se produzcan algunos problemas de turbidez y color en el suministro. Esto es debido al arrastre de tierra que se acumula en la tubería de la red secundaria de Río Cobo, la cual solo entra en funcionamiento en casos de avería o emergencia, como es el caso” precisou a responsable de Medio Ambiente cervense.
Total salubridad
Alonso Quintanilla recalcou que a pesares do seu aspecto, a auga subministrada dende A Senra cumpre con todos os parámetros de salubridade e pediu desculpas aos usuarios polos posibles inconvenientes que esta avaría lles poda ter causado. “Estamos en contacto continuo con la empresa encargada del abastecimiento a los dos concellos y en todo momento los resultados de las analíticas están garantizados en todos sus niveles. Somos conscientes de las incomodidades que este contratiempo puede producir en los vecinos, pero desde el Concello estamos siguiendo muy de cerca este proceso con el objetivo de garantizar la salud de los ciudadanos” recalcou a responsable de Medio Ambiente.
Procesos de axuste
Por outra banda, Begoña Alonso dixo que os responsables de Espina y Delfín lle informaron de que os problemas de turbidez producidos hai uns días nalgúns fogares do municipio foron debidos a axustes no proceso de traballo desta empresa na potabilizadora do consorcio. “Hay que tener en cuenta de que Espina y Delfín se acaba de hacer cargo del funcionamiento de la potabilizadora que suministra agua a los municipios de Cervo y Burela; y estos días están ajustando su procedimiento de trabajo para conseguir el mejor rendimiento y la mejor calidad del servicio. Nosotros, por nuestra parte, desde el Concello de Cervo, estamos en todo momento pendientes de esta situación” recalcou a edil cervense.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



