Na Biblioteca Pública Municipal continúan Os Contos de Outono, coa actuación o venres día 11 ás 18:30 horas do Grupo de Teatro Infantil, Compañía do Trinke Trinke coa obra “Viaxe pola Galicia Encantada”. Xoves, teremos no Salón de Actos da Casa da Cultura a segunda Charla Médica O cancro de colon e a súa prevención, coa doutora Vázquez Rey (especialista en Dixestivo). Ás 20:00h. na Casa da Cultura. Organiza: Concello de Foz/OMIC e Hospital Comarcal da Costa






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



