Nota de prensa
Daniel Vega: “Hai que pasar dun país de despilfarro a un país de xestión”
O presidente provincial de NNXX fixo estas declaracións no acto celebrado esta mañá en Vegadeo e no que os mozos da agrupación política en Galicia e Asturias analizaron a situación que se está a vivir e as medidas de cambio que se deben levar a cabo
Vegadeo 5-11-2011.- “Hai que pasar dun país de despilfarro a un país de xestión”. Esta foi a afirmación vertida esta mañá polo presidente provincial de Novas Xeracións de Lugo, Daniel Vega, durante o acto que a agrupación política dos mozos galegos e asturianos vinculada aos populares celebraron en Vegadeo. A xornada, baixo o lema, “Lo que los jóvenes necesitan”, permitiu que os mozos das dúas comunidades autónomas compartisen as problemáticas que están a afectar aos máis novos e lles procurasen alternativas.
Vega asegurou que a mellora pasa pola creación de emprego “axudando as Pemes e aos sectores produtivos de maior relevancia”. O popular falou de entendemento, diálogo e saber facer en “detrimento das políticas superfluas do goberno socialista”. Segundo Vega o PP soubo demostrar que sabe xestionar un país e “apostou polos xóvenes e polas persoas, non polas cifras”.
É a segunda vez que a agrupación política de Galicia e de Asturias organizan un acto comunitario, xa que fai un ano celebraran tamén unha mesa redonda conxunta en Ribadeo. Nesta ocasión, a xornada reuniu en Vegadeo a alcaldesa da localidade, María Begoña Calleja Quijada e ao alcalde de Trabada, José Manuel Yanes Ginzo, encargados de inaugurar o acto. Trala proxección dun vídeo baixo o titular de “Súmate ao cambio”, a mesa redonda xirou entorno ao emprego. Nela participaron, os cabezas de lista ao Congreso por Asturias e Galicia, Mercedes Fernández e Joaquín García Díez, respectivamente. Tamén interviron o candidato número tres ao Senado por Asturias, Mario Arias, e o candidato número seis ao Congreso por Lugo, Daniel Vega. A mesa redonda estivo moderada por Álvaro Queipo Somoano e centrouse na situación laboral, nos sectores predominantes nas dúas comunidades autónomas, na educación e na reforma da Administración.
Trala proxección dun vídeo representativo do común de Galicia e de Asturias, o secretario xeral de NNXX de Galicia, Juan Francisco López Prieto, e a súa homónima en Asturias, Reyes Hurlé, expuxeron o decálogo de pretensións de Novas Xeracións.
O acto estivo clausurado polos presidentes de NN.XX. en Asturias e Galicia, Pablo Álvarez-Pire e Javier Dorado, que fixeron fincapé na unión de intereses entre as dúas comunidades autónomas e falaron de “confianza, esperanza e bo facer”.
Ao acto tamén asistiron, entre outros, o Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez e o deputado autonómico, José Manuel Balseiro. A xornada rematou cun xantar, nesta ocasión na comunidade galega, en Trabada.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



