Novo plan de recollida do lixo en Foz
Hoxe coma días posteriores soan as campas da recollida do lixo en Foz e quen as toca e o novo equipo de goberno que nos representa. ¡¡Que se o anterior sistema non e posible por ser anti económico!!, ¡¡Que daban mala imaxe ver coma os bidóns!!, en fin unha serie de ditos e diretes que para nada serven para a realidade que temos. Soamente uns exemplos con estas fotografías que presento.
Non me podo crer que ningún edil, funcionario o algún responsable do concello se fixe neste punto de desastre que temos enfronte do cámping de Peizás polo menos dende mediados do mes de setembro. Sinto vergonza coma cidadán de Foz ver a diario pasear a centos de persoas de noso concello e de fora tamén por diante desta esperpenta imaxe. Non haberá diñeiro según o alcalde, pero do que si estou seguro e que non ai nin idea do que temos nas maos, coma tampouco gañas de aprender unha cousa tan sinxela. Non sei cal e o mellor plan pero este quita as gañas de pasear por este concello tan fermoso que nos deo a natureza. Foz e turismo, Foz e natureza, Foz e unha fonte de riqueza se cuidamos o seu entorno.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



