Nota de prensa
O ALCALDE BURELÉS EXPÚXOLLES AOS RESPONSABLES DE AUGAS DE GALICIA OS PROBLEMAS QUE ESTÁ A SOFRIR A ACTUAL DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS. GONZÁLEZ BARCIA PLANTEXÓULLES A SÚA AMPLIACIÓN E MELLORA OU A CONSTRUCCIÓN DUNHA NOVA.
Burela, 30 de novembro de 2011. O alcalde de Burela, José María González Barcia, expúxolles aos responsables de Augas de Galicia os problemas que casi a diario está a sofrir a actual depuradora de augas residuais. O rexedor plantexóulles a posibilidade de que se amplíe e se melloren as súas instalacións ou que se constrúa unha nova. Este asunto terá que aparecer reflexado no Plan Xeral de Ordenación Municipal, que se atopa en proceso de elaboración.
González Barcia sinalou que “como se sabe a actual depuradora de augas residuais de Burela estános a dar algún que outro problema. Esta EDAR é unha das últimas que se instalou en Galicia cun proceso de tratamento físico-químico e a súa capacidade que naquel momento estaba prevista para unha densidade de 15.000 habitantes, pouco a pouco co paso do tempo eses problemas se están a manifestar de forma prácticamente diaria”.
O alcalde burelés explicou que “na reunión que hoxe mantivemos con representantes de Augas de Galicia aquí en Santiago un dos asuntos, e quizáis o máis importante que se puxo enriba da mesa, é precisamente o estado da actual depuradora de augas residuais de Burela. Nós plantexamos a posibilidade de que, unha de dúas, ou ben se amplíe ésta e se melloren as súas instalacións ou ben hai que proceder á construcción dunha nova. A ninguén se lle escapa que na situación que estamos a vivir haberá que analizar esas dúas posibilidades con lupa e ver cal é máis rentable desde o punto de vista técnico e económico”. Barcia considera que “polo menos se empezan a dar pasos para paliar unha situación que non é de agora, senón que se viña dando nos dous ou tres últimos anos”.
O rexedor indicou que “é moi probable que en decembro se poida manter algunha xuntanza máis con Augas de Galicia para ir perfilando este asunto. Esto non é algo que se vaia facer nin mañá nin pasado, esto é un proxecto que ten a súa complexidade técnica e que na situación de crise económica que hai agora mesmo non o imos solucionar en dous ou tres meses, nos vai levar dous ou tres anos prácticamente arrancar dito proxecto”. E engadiu que “o certo é que senón se comeza a andar non poderemos chegar ao final do camiño, e nese sentido nós o que queremos é intentar buscar un compromiso por unha vía ou por outra con Augas de Galicia co obxectivo de contemplar esa solución dentro do PXOM, porque o propio plan nos obligará a delimitar e a marcar as liñas de actuación en materia de saneamento, de alcantarillado e de depuración de augas residuais”. José María González Barcia dixo que “este asunto teremos que contemplalo e de aí que se estean a realizar estas xestións con Augas de Galicia, xestións que, por por outra parte, non se tiñan feito ata o de agora, cando resulta que o PXOM non comezou a súa andaina onte senón que xa leva máis dun ano de camiño. Agardemos que esto empece a dar os seus frutos a nivel de compromiso e de planificación, que é o máis importante de cara a incluir no plan xeral esta infraestructura ben mellorada ou ben unha nova”.
Barcia manifestou que “en Augas de Galicia son conscientes da situación da EDAR de Burela e deron por ben recibida a proposta que lles plantexamos”.