Nota de prensa
O BNG DE LOURENZÁ REXEITA A SUBA DE TAXAS MUNICIPAIS
Lourenzá, 22 de novembro de 2011. O BNG de Lourenzá mostrou no pleno celebrado o pasado día 18 de novembro a sua oposición a suba de taxas e impostos que ao final o grupo do PP aprobou debido a súa maioría absoluta e a abstención dos socialistas na sua meirande parte. Creen os nacionalistas laurentinos que esta debería cando menos ser a última medida a tomar por un goberno responsabel pois segundo expresou o portavoz nacionalista César Docampo “ as primeiras de cambio sóbense as taxas, parece que para o concello esta é a única posibilidade, pero nos consideramos que existen outras alternativas como reducir o gasto improdutivo ou reducir partidas presupostarias que polo de agora parecen intocables. Non comprendemos como un goberno, o do Partido Popular, que fixo da crise a sua bandeira agora emprega a mesma como xustificación, non somos capaces de entender como si xa sabían que había crise, e presumiblemente os ingresos ían a minguar non se planificou o gasto de outro xeito, para nos estes feitos contradín totalmente as teorías políticas e de austeridade que o goberno de Feijoó e por extensión o goberno laurentino din estar a aplicar”.
O BNG argumenta a sua oposición con números.
A suba de determinadas taxas afecta a tódolos veciños sen excepción por motivos de renda, a falta proxecto do PP de Lourenzá demostrase unha vez máis segundo van pasando os días, os nacionalistas laurentinos opinan nas verbas do seu portavoz César Docampo “ non se pode xustificar unha suba de taxas deste tipo si temos en conta que o concello destinou durante os anos 2009 e 2010 un total de 118.801,24 € a festexos, das cales en algunhas actividades xa se incluía o copago, dinnos que tiñan coñecemento da crise moito antes, e ainda así investiron en festas moi por derriba das posibilidades do concello. Poñemos en dúbida o feito de que non existan outras solucións antes da suba de impostos pois o concello con esta suba está a pedir un esforzo extra a tódolos cidadáns, de novo voltamos a pedir unha redución do 20% nos salarios de alcalde e tenente de alcalde (72.000 € ao ano entre os dous) co cal xa aforraríamos 14.400 € ao ano, consideramos tamén que se debería de tratar de recortar os custes de funcionamento do concello que supoñen un 43% do presuposto anual municipal con un total de 832.000 € este ano, si conseguísemos optimizar o gasto rebaixándoo un 10%, ¡e non ten porque incluír despedimentos!, obteríamos 83.200 € de aforro só neste exercicio, pero non chegamos a entender porque non se exploran estas posibilidades e só se vai ao fácil, a suba de taxas en servizos básicos”.
Cambios no servizo de atención a domicilio.
O BNG de Lourenzá mostrouse contrario a suba de taxas con respecto a prestación do servizo, pero si apoiou o feito de que se estipulase un regulamento claro que determine as características ou mínimos a ter en conta para ser beneficiario destes servizos pois segundo explicou o concelleiro César Docampo “ opoñémonos a suba de taxas pero entendemos necesario o regulamento posto que segundo denunciamos anteriormente consideramos que o servizo non estaba axeitadamente repartido, cremos pois que si esta normativa implica un maior valor de criterios técnicos independentes para aprobar as distintas solicitudes de prestación de servizo debe de contar co noso apoio”.
O BNG de Lourenzá non mostrou a sua oposición ao feito de gravar a utilización de espazos públicos e locais municipais posto que este tipo de canons, inexistentes neste concello, ademais de ser baixos son precisos posto que este tipo de equipamentos municipais teñen unha serie de gastos e mantementos varios.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



