Nota de prensa:
O Burela Pescados Rubén remonta un encontro complexo ante o Space Gasifred
O Burela FS Pescados Rubén vence ao Space Gasifred Eivissa por 5-3 tras culminar a remontada no tramo final do duelo. Este triunfo, terceiro consecutivo, sumado á sorprendente derrota do Oxipharma FS comprime a zona alta da clasificación da Segunda División. O Burela é cuarto a cinco puntos do liderado, a un do segundo e terceiro posto que ocupan Hotels Praza Andorra e Fuconsa Xaén, respectivamente.
O choque en Vista Alegre comezou cun cadro ibicenco que aproveitou percfectamente o desatino laranxa. Aos catro minutos o Space vencía por 0-2, con goles de Dantas e Juanito de penalti. O Burela reaccionou con disparos afastados de Dani Martín e Juanma que Juanan desviou pero á terceira Ique acertou na diana para situar o 1-2. O tanto animou o encontro pero os mariñáns continuaban perdendo demasiados balóns que facilitaban as contras ibicencas. Así chegou o 1-3 que finalizou Leo tras un contragolpe perfectamente executado. O choque foi aumentando de revolucións e Víctor Cachón reduciu distancias situando o 2-3 co que se chegou ao descanso. Na segunda parte o Burela comezou con maior concentración e logrou o empate por mediación de Cleber, tras culminar unha estratexia de saque de banda. O encontro carecía de control pero o Burela estaba máis enteiro fisicamente que os insulares. As súas contras xa non eran tan contínuas e vertixinosas pero aínda soltaban algún lategazo perigoso. A resposta laranxa foi un disparo de Cleber ao pau. A tres para o final Quique García apostou polo xogo de cinco. O instante decisivo chegou no minuto 38. Joan desperdiciou unha clara ocasión a porta baleira e acto seguido Dani Martín marca o 4-3 que levou o xúbilo a Vista Alegre. O Eivissa tamén atacou de cinco pero Juanma aproveitou unha perda visitante, marcando desde propia pista, para certificar a remontada co 5-3 final.
Partido pertencente á 11ª xornada da tempada 2011/2012.
CD Burela FS Pescados Rubén
6 Vitorias | 2 Empates | 3 Derrotas
Puntos acumulados: 20 5
Space Gasifred
2 Vitorias | 4 Empates | 5 Derrotas
Puntos acumulados: 10 3
Cancha de xogo: Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data: Sábado, 26 de Noviembre de 2011
Hora de inicio: 18.30 horas
Corpo arbitral
González Armada
Montero Garrido
Alineacións
CD Burela FS Pescados Rubén
1
Brais García Pedre
Brais
7
Carlos Henrique Ribeiro
Ique
18
Rubén García Freije
Turero
20
Cleber Rafael Barbosa
Clebinho
23
Iago Míguez Expósito
Iago Míguez
3
André Luiz Nogueira Fernandes
André
5
Anderson de Almeida Gomes
Purao
6
Víctor Cachón Suazo
Víctor
8
Juan Manuel Marrube Rodríguez
Juanma
9
Daniel Martín Martín
Dani Martín
10
Manuel Jiménez Fraga
M. Jiménez
Adestrador:
Enrique García Martínez
Space Gasifred
3
Celino Alves de Freitas
Alves
4
Jon Piqueras San Cristóbal
Jon
5
Joan González Bennasar
Joan Zapatillas
11
Leandro do Nascimento Feitoza
Leo
13
Juan Antonio Torres Mata
Juanan
2
Marcelo Machado Dantas
Dantas
9
Juan Gutiérrez Molero
Juanito
10
Clayton de Lima Silva
Clayton
14
Ernesto Espinosa Díez
Ernesto
16
Amrani
Amrani
Adestrador:
Julio Mougán Vázquez
O partido minuto a minuto
Gol 0 – 1 Min. 2 | Dantas
Tarxeta amarela Min. 3 | Brais
Gol 0 – 2 Min. 4 | Juanito
Gol 1 – 2 Min. 6 | Ique
Gol 1 – 3 Min. 9 | Leo
Gol 2 – 3 Min. 14 | Víctor
Tarxeta amarela Min. 16 | Víctor
Tarxeta amarela Min. 25 | Dani Martín
Gol 3 – 3 Min. 27 | Clebinho
Tarxeta amarela Min. 29 | Ique
Gol 4 – 3 Min. 38 | Juanma
Gol 5 – 3 Min. 38 | Dani Martín





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
