Nota de prensa
![]()
Panificadora 2-4 Sada FSF
O Panificadora del Eo non puido imporse ao Sada FSF na casa (2-4). Definitivamente, o gol das ribadenses está rodeado de infortunio; dun total de vinte e un disparos á portería rival durante a segunda metade, só conseguiron materializar un gol.
Foi un partido igualado durante os primeiros vinte minutos, aínda que coa batuta por parte do Panificadora ante un Sada con xogadoras moi veteranas, algunhas con experiencia en Honra e ex-compoñentes do antigo Piso Perfecto da Coruña. As de Martínez encaixaron o primeiro gol no minuto 11, de Laura ao aproveitarse dun mal pase do equipo local na zona de media cancha. Insistían as ribadenses en presionar moi arriba e pór as cousas difíciles ás de Sada, así a cadete Elena, no minuto 16, subiu a igualada ao marcador, resultado co que se chegou ao descanso.
A continuación foi un monólogo do equipo ribadense, con vinte e un disparos á portería visitante por tan só dez das sadenses á defendida por Antía, que non tivo a tarde. O equipo de Sada, aliado coa sorte, dedicábase a contragolpear con perigo á falta de acerto das xogadoras locais. No minuto 29, Thais conseguiu o o 1-2 nun disparo afastado que Antía non puido deter. Tres minutos máis tarde, Montse materializou o 1-3 e aínda non transcorrera o minuto cando de novo Laura desbordou a dúas xogadoras locais e bateu a Antía de tiro cruzado.
Martínez optou polo ataque de cinco con Marta como porteira xogadora e de novo as oportunidades de bater a portería visitante sucedíanse con frecuencia. As de Sada acumularan as cinco faltas e Elvira, desde os dez metros e pola mismísima escuadra, transformou a sexta falta no segundo gol local. Continuou o Panificadora na súa intención de reducir distancias. Elvira intentouno de novo desde os dez metros, pero esta vez o balón foise fóra por moi pouco. María tamén desaproveitou outra ocasión clara ao non acertar no remate nunha xogada de ataque de cinco. O marcador non se alterou e o novo equipo ribadense, aínda que non encaixa grandes goleadas, continúa sen coñecer a vitoria nesta tempada en Autonómica.
O Bembrive de Pontevedra será o próximo rival a visitar polas ribadenses.
Provincial feminina. O encontro correspondente á sexta xornada que debería enfrontar o Quiroga e o Xoula ribadense foi aprazado ao non poder dispor das instalacións deportivas o equipo local. O Xoula descansará a próxima xornada.
Provincial masculina. Tras o descanso, o próximo rival dos ribadenses, que xogarán como locais, será o AD Riomao-Chamouco FS de Bóveda.
Ficha técnica
Panificadora del Eo-Ribadeo FS: Eva, Marta, María, Carla Cora e Elena, cinco inicial; tamén xogaron Ana, Elvira, Toñi, Sabela, Tania Penabad, Arancha e Antía.
Sada FSF: Laura, Montse, Maite, Rebeca e Marta, cinco inicial; tamén xogaron Thais, Susana, María e Camila.
Árbitros: José García Vila e Pablo Coello Martínez, da delegación de Lugo. Mostraron cartóns amarelos a María, Sabela e Elena polas locais e a Susana e dobre amarela a Maite polas visitantes.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
