Nota de prensa
García Díez: “é imprescindible para o futuro do noso sector pesqueiro que a proposta de Regulamento sobre a PPC conteña as reivindicacións do sector pesquero”
• O cabeza de lista dos populares ó Congreso, xunto co tamén candidato Jaime de Olano, mantivo hoxe en Burela varios encontros com representantes do sector
Burela, a 6 de novembro de 2011.- Joaquín García Díez, cabeza de lista do Partido Popular ó Congreso, foi contundente na mensaxe que transmitiu ós profesionais do sector pesqueiro que hoxe acudiron as diferentes xuntanzas que mantivo con eles en Burela, e nas que participaron tamén, entre outros, Jaime de Olano, número dous dos populares á Cámara Baixa, José Manuel Balseiro e Rosa Quintana. “Non podemos aceptar que a España, sendo como é unha das primeiras potencias pesqueiras do mundo e un dos poucos sectores nos que somos líderes europeos, pretenda reducírselle á mínima expresión a súa actividade pesqueira”, dixo.
O que durante a pasada lexislatura foi voceiro de Pesca do Grupo parlamentario popular no Congreso asegurou que, aínda que agora non é tempo de mirar atrás senón de “buscar solucións” ós graves problemas ós que se enfronta o sector pesqueiro e “falar das propostas que para acadar este obxectivo leva o PP no seu programa”, hai que poñer “negro sobre branco” e dicir “a verdade” sobre a actuación realizada neste eido polo “goberno en funcións do que forma parte José Blanco”.
E algún dos “pecados” cometidos polos socialistas nestes algo máis de sete anos de goberno terán, segundo dixo, “difícil redención”. E un dos peores foi mostrarse débil na defensa dos intereses españois fronte a Unión Europea, sobre todo no que atinxe á reforma da Política Pesqueira Común.
En segundo lugar salientou a reducción nun 53,3% do orzamento adicado á política pesqueira dende o ano 2004, unha reducción que impediu que se puideran poñer en marcha plans completos para mellorar o sector, quedándose todo, segundo recalcou, “en parches” que, despois, “para colmo, “incumplíronse ou aplícáronse en sentido contrario ó previsto”.
O PP, asegurou García Díez, ten claro qué hai que facer: recuperar un sector que ten que estar chamado a contribuir á recuperación deste país e non a converterse nun lastre para a súa economía.
E esa recuperación pasa, segundo explicou, por mellorar a proposta de reforma da PPC. Hai que incorporar como sistema de control da actividad pesqueira e asignación de posibilidades de pesca o “esforzo pesqueiro”; lograr que a flota costeira artesanal dispoña dun réximen diferenciado; que a flota que faena baixo acordos de pesca non sexa discriminada; que se manteñan os acordos de pesca con cargo á financiación comunitaria; que os plantexamentos de alcanzar co tempo o RMS (Rendimento Máximo Sostible) nos caladeiros se axeite á situación de baixa rendabilidade do sector; que se contemple financiación comunitaria para a adecuación do axuste temporal e permanente da flota ás posibilidades da pesca; e que a OCM posibilite o sostenemento da renda dos pescadores.
Joaquín García amosouse convencido de que se Mariano Rajoy é o novo presidente do Goberno será “moi sensible ós problemas dos pescadores porque coñece ben o sector”. Unha sensibilidade da que xa deu gala cando dixo que no seu executivo haberá un Ministerio de Agricultura e Pesca, e que este tería o cometido de facer unha defensa firme dos nosos intereses pesqueiros en Bruselas, “para o que lle esixirá ó futuro ministro que pase máis tempo en Bruselas que en Madrid”.
Finalmente García Díez recordou que, a diferencia do programa do Partido Socialista, o programa do PP contempla un apartado específico dedicado á Pesca, “mostra da importancia que Rajoy concede a esta actividade”.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



