Nota de prensa
MARIO COTO ASEGURA QUE O DRAGADO PREVIO QUE SE VAI REALIZAR ESTES DÍAS NA RÍA DE RIBADEO SERÁ BÓ PARA PORCILLÁN. O PRESIDENTE DO CNR AVOGOU POR LIMPAR A ENSENADA DA VILAVELLA E POR CREAR ALÍ UN PORTO DEPORTIVO PARA EMBARCACIÓNS MENORES.
Ribadeo, 14 de novembro de 2011. O presidente do Club Náutico de Ribadeo, Mario Coto, asegura que o dragado previo que realizará nos vindeiros días Portos de Galicia na ría de Ribadeo será bó para o porto deportivo. Eses traballos servirán para retirar a area acumulada na bocana de acceso a Porcillán. Coto avogou tamén por limpar a ensenada da Vilavella e crear alí un porto deportivo para embarcacións menores.
Coto sinalaba hoxe que “habería que dragar aínda máis a ría de Ribadeo. A nós dragaránnos alí nunha zona na que se acumulou area no acceso aos pantalás 8 e 9, estamos co proxecto de pechar a bocana, hai corrientes que arrastran area e recalan na entrada ao porto deportivo. Vennos ben que se faga ese dragado neste momento. Benvido sexa e ogallá continúen dragando a ría porque será beneficioso para o porto deportivo e para o porto comercial de Ribadeo”.
Para o presidente do Club Náutico de Ribadeo non ten sentido entrar en polémicas co destino que se lle debe dar á area extraída da ría, “entrar en disputas coas distintas ubicacións que se dará á area de Ribadeo non as vexo. O que está claro é que o dragado da ría de Ribadeo estaba anunciado. O Concello, como non debe ser doutra maneira, tiña que ser coñecedor desde hai tempo deste proxecto e tiña que ter consultado para aproveitar esa area, si é que vale. Si se vai botar noutro sitio porque outro Concello o pediu e porque ese punto de verquido sexa necesario será porque se fixeron as xestións necesarias… entrar en polémicas non está ben. O verquido estará moi estudiado e por iso se levará para alí”. Mario Coto lembrou que “a area doutro dragado realizado hai dous anos levóuse a 22 millas náuticas á altura de Burela, levóuse para alí e non pasou nada, porque ninguén pediu que esa area se levase a outro lugar. Neste caso alguén fixo as xestións e váise a area para alí e xa está e a vindeira vez que se faga outro dragado veremos si nos interesa e si é necesario deixala aquí”.
A Coto pareceríalle “máis importante dragar un pouco máis na ensenada da Vilavella, porque alí hai uns fangos e unhas cousas que non valen para nada e alí podía aproveitarse para limpar a zona, verquer un pouco de area limpa e facer un porto deportivo para embarcacións menores e darlle funcionalidade a aquel edificio, que non sabemos moi ben para qué vai valer, pero se non se lle busca un sentido con outras cousas arredor non valerá para moito. Habería que pelexarse por dragar aquela zona e deixar as polémicas a un lado”.
Federación de vela
Mario Coto realizou unha valoración moi positiva do encontro que mantivo o venres pasado en Ribadeo a Federación Galega de Vela da que él é vicepresidente segundo. O responsable do CNR subliñou que “o importante é aunar esforzos entre os Clubes Náuticos da costa lucense. A Federación mollóuse e díxonos que preparásemos un programa entre todos, temos que contarlle cales son as actuacións a levar adiante e imos desde a Federación de Vela a apoialos. Si precisamos unha fugoneta, dez optimist, etc, etc…. para nós é un paso moi importante”. E engadiu que “o programa que confeccionemos darémolo a coñecer aos medios de comunicación e tentaremos que os pais teñan unha maior participación con nós, é bó que asistan ás regatas ás que acuden aos seus fillos. Falaremos cos colexios, coas asociacións de pais, esto é o inicio dun longo camiño, hai que ir empezando pouco a pouco desde abaixo a introducir aos nenos na vela e despois van saíndo os Messis e estas cousas”.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



