O venres 25 rematou o curso de “Iniciación a Internet”, este curso desenvolveuse na aula CeMIT de Barreiros situada no “Teleclub de San Cosme”, onde 12 persoas participaron nesta actividade para iniciarse no mundo de internet. Dende a aula dar as gracias a todos os participantes que se anotaron, e día tras día, nos acompañaron. A xente que desexe participar nas actividades que se organicen non teñen máis que pasarse pola aula para informarse ou no concello, pronto se publicarán as actividades para o mes de decembro.
