O día 21 de decembro a ANPA do colexio público de Alfoz organizou a festa do nadal para os nenos do colexio, segun o seu presidente Andrés Vidal, ” este ano os nenos íanse quedar sen este evento debido a que no colexio este ano non haberá actividades extra escolares e os pais non queriamos que se quedaran sen este festival que se ven celebrando ano tras ano”. Contaron coa colaboración desinteresada do grupo Raiolas de teatro que representou a obra, “Pepiño o fracasado” coa actuación de algúns pais e nais deste colexio, tamén actuou Cesar o home orquestra con unha gran actuación na que colaboraron todos os nenos. A Anpa de Alfoz quere agradecer a toda a comunidade educativa a súa axuda así como ao grupo Raiolas, e tamén a Deputación de Lugo area de cultura por a súa colaboración.
A ANPA do colexio público de Alfoz organizou a festa do nadal
A ANPA do colexio público de Alfoz organizou a festa do nadal
Relacionado
-
A vindeira próxima comeza a terceira edición do curso sobre Psicoloxía de grupos e organizacións na UNED de Lugo
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigada en Ribadeo a unha veciña de Castropol, de 63 anos de idade, como suposta autora dun delito de furto
-
Adiada polo apagón a asemblea xeral da FCAM prevista para este luns en Foz