Nota de prensa:
A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, INDUSTRIAIS E AUTÓNOMOS DE FOZ REPARTIRÁ EN XANEIRO 1.200 EUROS EN PREMIOS NUNHA NOVA EDICIÓN DO CAMPAÑAZO DO BINGO.
Foz, 30 de decembro de 2011. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz repartirá 1.200 en premios no Campañazo do bingo do vindeiro mes de xaneiro. A campaña arrinca o día de Reis e seguirá o 13, o 20 e o 27.
Como ven sendo habitual os sorteos serán a partires das 23 horas e serán retransmitidos por Radio Foz. O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, lembra que “o afortunado ou afortunada, que se atopará nun establecemento hostaleiro dos participantes, terá que cantarlle o bingo ao responsable do local e será éste o que se poña en contacto coa emisora para ratificar os números premiados”. O gañador recibirá 300 euros en vales de compra para gastar no comercio focense ao longo do mes de febreiro.
Con esta nova edición do Campañazo do bingo a Asociación de Comerciantes repartirá 1.200 euros en premios (300 cada venres), ao igual que xa aconteceu no pasado mes de novembro. En total participan nesta nova campaña de ACIA Foz 36 establecementos hostaleiros e 47 comercios.
Apertura o 31 de decembro
Desde a Asociación de Comerciantes Paleo lembra que “o noso comercio abrirá de novo as súas portas de forma ininterrumpida este sábado, 31 de decembro, de 10 da mañá a 18:30 horas para facilitarlles as compras aos seus clientes”.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



