Nota de prensa
A Deputación publica o 1º libro sobre o Camiño do Mar para impulsar o seu recoñecemento como ruta xacobea oficial
– Gómez Besteiro presentou no Concello de Viveiro o volume, baseado na intensa e rigorosa investigación do historiador focense Juan Ramón Fernández Pacios sobre o itinerario, que discorre por todos os municipios costeiros entre Ribadeo e Ferrol
– A Deputación editou medio milleiro de exemplares do libro, o primeiro que recolle todo o inventario documental que certifica que o Camiño do Mar foi unha auténtica e importante ruta de peregrinación a Compostela
– O Presidente subliñou que a súa oficialización, un compromiso do Goberno provincial para este mandato, supoñería “unha extraordinaria oportunidade para fomentar o turismo e xerar riqueza”
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este mércores no Concello de Viveiro o libro Camiño do Mar, unha publicación baseada na investigación do historiador focense Xoán Ramón Fernández Pacios que o organismo provincial editou no marco das súas xestións para impulsar o recoñecemento oficial desta ruta xacobea por parte da Xunta. De feito, o propio Gómez Besteiro expresou na súa investidura que este é un dos compromisos do Goberno provincial para o mandato. Mostra diso é que o Executivo levou ó primeiro pleno celebrado tralas eleccións de maio unha proposta para instar á Consellería de Cultura a declarar o Camiño do Mar, que discorre pola Mariña, e o de Inverno, que atravesa a Ribeira Sacra, como rutas xacobeas oficiais, pois “supoñería unha extraordinaria oportunidade para fomentar o turismo, e polo tanto unha fonte importante para xerar riqueza”, subliñou o Presidente. A iniciativa plenaria saíu adiante co apoio unánime dos tres grupos provinciais. Xunto a Besteiro, no acto de presentación do libro sobre o Camiño do Mar estiveron o Alcalde de Viveiro, Melchor Roel, o historiador Xoán Ramón Fernández Pacios, e Manuel Rodríguez, ademais da Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, José Ramón Val.
A Deputación editou medio milleiro de exemplares do volume, froito de “varios anos de intenso e rigoroso traballo” de Fernández Pacios sobre un itinerario “tan pouco estudado como tan maioritariamente coñecido”, asegurou Besteiro. Este é de feito o primeiro libro que recolle todo o inventario documental existente co que queda certificado o Camiño do Mar foi unha auténtica e importante ruta utilizada polos peregrinos na súa viaxe a Compostela. Ademais de documentos escritos, o “fascinante e revelador estudo”, engadiu o Presidente, inclúe máis de 200 fotos e abondosos mapas que describen todos os tramos do Camiño do Mar.
Ademais de impulsar “a firme aspiración e empeño” da Deputación en favor da oficialización do Camiño do Mar, o libro avala a demanda que diversos colectivos sociais e empresarias veñen facendo dende hai anos para que a Xunta recoñeza oficialmente esta ruta xacobea, pois suporía un relevante impulso para economía mariñana polo aumento de visitantes que levaría consigo.
Un Camiño con tres entradas
Este itinerario une Ribadeo e Ferrol, poboación na que comeza un dos ramais do Camiño Inglés e co que se une ata chegar a Compostela, percorrendo concellos que teñen en común o feito de ser costeiros, de aí o nome de Camiño do Mar. A ruta conta con tres alternativas de entrada: unha terrestre, dende Ribadeo, que vai pola beiramar ata Compostela; outra marítima, que leva consigo o percorrido en barco chegando ata os portos lugueses e seguindo logo a terrestre; e unha terceira ruta –a de regreso– na que os peregrinos volvían sobre os seus pasos para chegar de volta aos portos, e dende eles embarcar aos seus países de orixe.
Compromiso coa difusión das rutas xacobeas
Gómez Besteiro lembrou na presentación do libro que o seu firme compromiso coa oficialización do Camiño do Mar data de hai xa un ano, “cando presentamos no Castelo de Pambre a primeira publicación feita en Galicia que recolle todos os Camiños a Compostela que pasan pola nosa provincia”. Esta guía, Rutas a Santiago en la Provincia de Lugo, formou parte do parte do proxecto Km0 a Compostela, “que puxemos en marcha hai catro anos e que converteu así á Deputación de Lugo na primeira administración cunha programación estable e previa ao Ano Santo”, asegurou Besteiro. O libro recollía os catro Camiños: o do Norte, o Primitivo, o Francés e o de Inverno, quedando pendente o do mar. Daquela, o Presidente comprometeuse a sacar á luz un volume exclusivamente dedicado a esta ruta pola Mariña unha vez terminada a investigación de Fernández Pacios, unha promesa que hoxe se fixo realidade.
Neste senso, o Presidente garantiu que “dende a Deputación imos seguir traballando, sen escatimar ningún esforzo, con novas iniciativas para potenciar e poñer en valor todo canto estea relacionado co fomento e difusión dos itinerarios xacobeos que atravesan a nosa provincia”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



