Nota 1/2
Besteiro reclama á FEGAMP a creación urxente do grupo de traballo contra o despoboamento proposto no “Lugo Reacciona”
– Foi nesta xornada cando Deputación e FEGAMP perfilaron que podería ser un colectivo estable, composto por todos os grupos políticos e representantes municipais, que desenvolvería un programa de actuación contra a sangría demográfica que sofre Galicia
– O Presidente enviou unha carta ó novo Presidente da FEGAMP, remarcando a “urxente necesidade” deste grupo tras os últimos datos do IGE: 2021, Galicia terá 90.000 habitantes menos
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, enviou unha carta ó novo Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), José Manuel Rey Varela, reclamando á creación urxente do grupo de traballo contra o despoboamento na Comunidade proposto por Deputación e FEGAMP durante a 1ºxornada sobre demografía da provincia: “Lugo Reacciona. Debate con Propostas de futuro fronte ó despoboamento demográfico”. Foi neste encontro cando Gómez Besteiro e o anterior titular da FEGAMP, Carlos Fernández, propuxeron que podería ser un grupo estable, composto por todos os partidos políticos e responsables municipais, que tería por obxectivo o desenvolvemento dun programa con medidas de actuación concretas para facer fronte ó despoboamento.
No escrito, o titular provincial remarcou que este grupo de traballo “non é agora unha opción senón unha urxente necesidade”, tendo en conta os datos que vén de facer público o Institución Galego de Estatística e que amosan que as perspectivas de poboación de aquí a 10 anos son demoledoras. Segundo o IGE, no 2021 Galicia contará con 90.000 habitantes menos. Esta perda de poboación afectará, especialmente, ás provincias de Lugo e Ourense cun descenso de 7,5% e 7%, respectivamente, fronte unha caída de 2,4% na Coruña e 1,4% en Pontevedra. O desequilibrio poboacional farase especialmente patente en áreas como a parte oriental de Lugo. Na Fonsagrada, Os Ancares e Sarria o número de maiores de 65 anos cuadriplicará o de menores de 20 anos.
Ante esta situación, o Presidente subliñou o seu “convencemento da necesidade da creación urxente deste grupo de traballo estable para extraer propostas consensuadas e, sobre todo, reais que desenvolvan programas específicos que poñan freo dunha vez por todas ó problema máis serio ó que nos temos que enfrontar neste século”. Besteiro lembra ademais, que a Deputación de Lugo foi a primeira administración galega en reaccionar contra o despoboamento demográfico, “rachando o silencio administrativo, creando unha área propia de goberno e abrindo un foro de debate público e institucional”.
Negativa inxustificada da Xunta
O Presidente da Deputación considera aínda máis inxustificada a negativa da Xunta de Galicia, transmitida hai poucos días pola Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, a concertar prazas na rede de residencias da terceira idade que vai financiar a Deputación de Lugo.
Os datos publicados esta semana polo IGE, ademais doutros importante documentos técnicos como o Plan Estratéxico da Provincia de Lugo, o Mapa Galego de Infraestruturas, Equipamentos Sociais, ou o MATIASS – documento base dos traballadores sociais para adxudicar prazas na Residencias- avalan que Lugo urxe de instalacións para a terceira idade e centros de día.
Hai que lembrar que a Conselleira afirmou literalmente, que Lugo “non era prioritario”
Nota 2/2
Carta ao presidente da Fegamp
DEPUTACIÓN DE LUGO
Presidencia Sr. D. José Manuel Rey Varela
Presidente da FEGAMP Lugo,27 de decembro de 2011
No ano que agora remata, a Deputación de Lugo acolleu a xornada Lugo Reocciona. Debate con propostas de futuro fronte ó despoboamento demogrófico, na que os mellores expertos de Galicia déronse cita para unir os seus esforzos na procura de solucións que permitan fixar poboación na nosa Comunidade. Durante esta xornada, o seu predecesor no cargo, Carlos Fernández, valorou positivamente a nosa proposta de crear un grupo de traballo permanente na FEGAMp, co obxectivo de desenvolver proxectos para loitar contra esta hemorraxia poboocional que dende hai tempo sufre Galicia, no que estivesen presentes todos os grupos e representantes políticos, así como responsables municipais. O lnst¡tuto Galego de Estatística ven de facer públicos os datos que amosan que as perspectivas de poboación de aquía dez anos son demoledoras: no2O2!, Galicia contará con 90’000 habitantes menos, aproximadamente. Esta perda de poboación afectará especialmente ás provincias de Lugo e Ourense, que experimentarán un descenso dun 7,5%o e un 7%o, respectivamente, fronte a ca ída de 2,4% e do !,4Yo da Coruña e Pontevedra, q ue a índa que son cifras menos acusadas seguen a ser preocupantes. O desequilibrio poboacional farase especialmente patente en áreas coma a parte oriental da provincia de Lugo: A Fonsagrada, Os Ancares e Sarria verán como o número de maiores de 65 anos cuadriplicará ó de menores de vinte. Son datos dramáticos, de continuar con esta tendencia en 140 anos Lugo e Ourense estarán despoboadas. Coincidirá comigo en que estas son cifras suficientemente desalentadoras como para que unha reacción inmediata, que poña freo á hemorraxia poboacional que estamos a sufrir, non sexa unha opción senón unha urxente necesidade. >> www,deputaclonlugo.org >> Page 2 A Deputación de Lugo foi pioneira en reaccionar contra o despoboamento demográfico rachando o silencio administrativo, creando unha área propia de goberno e abrindo un foro de debate público e institucional. Quero reiterar, polo tanto, o meu convencemento da necesidade da creación urxente deste grupo de traballo, estable, para extraer propostas consensuadas e, sobre todo, reais que desenvolvan programas específicos que poñan freo dunha vez por todas ó problema máis serio ó que nos temos que enfrontar neste século. Agardando a súa resposta, aproveito a ocasión para enviarlle un cordial saúdo