A Mariña en Mondoñedo
O día dezasete de decembro de dous mil once entrou xa na historia inesquecible.
Disque dende o mil catrocentos oitenta e tres Pedro Pardo de Cela e os compañeiros decapitados na praza da catedral mindoniense manteñen alerta ós seus espíritus para impedir que ningunha outra forza invada nese día o mencionado recinto só pena de teren que responder a tal ousadía cun enfrontamento a morte.
Pois velaí que a alguén se le ocorriu elexir ese día tan singular para honrar a Cunqueiro co espectáculo A Noite de Merlín na esperanza de que os seus poderes máxicos nos iluminasen para emprender definitivamente o camiño da resurreción mindoniense. Mondoñedo e os seus arredores xa levan tempo á percura de conqueri-los esforzos e a unión imprescindibles para manter ergueitas as estructuras socioeconómicas e culturais, inquedanza parella á titánica loita das personas por conserva-la vida na terra que un ama, pero o Elsinor do Hamlet cunqueiriano onde ….”todo se nos vai pechando”, avanza implacable tal fose un agoiro maléfico, sen pausa e sen trégoa.
A Noite de Merlín era unha idea, un fermoso castelo bailando no aire, aboiando na ausencia de medios e na escaseza económica; nacera en pleno inverno a flor da utopía que sendo desexada pola maioría viuse obrigada a exercer de esmoleira, rezando de porta en porta a súa propia agonía ata atopa-los brazos de catro grupos de teatro da Mariña. O Bordelo de Cervo, A Adala de Fazouro, O Batán de Cangas e Raiolas de Alfoz, expertos en sacar da nada mil alegrías, non dubidaron en aportar material e os técnicos necesarios para construir no auditorio Pascual Veiga o aposento máxico a onde serían convocados polo tanxido das campás da cidade tódolos mindonienses , comarcanos e galegos agrupados en variados colectivos culturais , co amparo de organismos oficiais e co apoio das personas altruistas que tiveran a ben contribuir na percura da luz do Mago Merlín. Centos de nomes caberían aquí, centos de almas co mesmo sentir ás ordes dun mozo disposto a sufrir polo ben do seu pobo.
Por algunha razón incomprensible á mente dos humanos, na noite do quince ó dezaséis , un terceiro cuarto de lúa disfrazado de auga e vento, desatou tan despiadada tormenta que conseguiu arrancarlle-la alma ós Piñeiros do Reguengo. Desfeitos, anagados en bágoas, todo o hai que dicir, coa súa barca á deriva, relembraron aquel texto no que Cunqueiro dicía. “Estamos moi apretados por culpa do vento eirado, semellante a un grande exército oubeador que cercase á vila por toda unha longa noite”.
A véspera do dezasete amenceu tristeiro, cunha pesada lastra por riba. Semellaba que o teito do mundo cedera e non atopabamo-las forzas precisas para que de novo se erguera. Foi daquela cando a amizade a solidariedade e o compañeirismo das xentes de toda a Mariña, armados con flores , bicos e apertas achegáronse a Mondoñedo e coa súa importante presenza abriron a porta da irmandade , da calma e da esperanza.
Cos espíritus acougados, dispostos a compartir espazos e esforzos polo ben de todos, rematou o día adicado a Cunqueiro cunha maioría satisfeita e agradecida polo esforzo e polo traballo feito co cal se demostra que só coa unión se acadarán os futuros éxitos.
Dende o corazón do Reguengo, nas abas do Padornelo, mil grazas a todos por aportarnos calor , compartir sentimentos e por confiar en que aínda estamos a tempo de construir un futuro espléndido, o máis firme desexo da alma que vai camiño do ceo e de todos cantos amamos ás terras de Mondoñedo.
Francisco Piñeiro González


















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



