Nota de prensa 1/2
Prospera co voto favorable de todas as forzas políticas a proposición promovida polos deputados Jose Manuel Balseiro e Emma Álvarez
O PARLAMENTO INSTA Á XUNTA, A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR, Á POSTA EN MARCHA DUN PLAN DE EMPREGO E RECUPERACIÓN PRODUTIVA NA MARIÑA LUCENSE
Balseiro amosa a súa satisfacción polo consenso acadado e insiste en que o Grupo Parlamentario Popular e a Xunta seguirán traballando en defensa da Mariña e no combate ao desemprego
Santiago, 28 de decembro de 2011.- O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia, a iniciativa do Grupo Popular, á posta en marcha dun plan de emprego e para a recuperación produtiva da Mariña lucense. Prospera así a iniciativa promovida polos deputados Jose Manuel Balseiro e Emma Álvarez e o fai ademais acada o voto favorable de todas as forzas políticas con representación da Cámara: PP, PSOE e BNG.
O Grupo Parlamentario Popular rexistrou unha proposición non de lei co obxecto ofrecer solucións ante as problemáticas xurdidas nos últimos meses, de xeito especial nos concellos de Mondoñedo e Lourenzá, tras o anuncio de peches empresariais e despedimentos vinculados a expedientes de regulación de emprego.
TEXTO FINAL CONSENSUADO
O texto final, consensuado, pide no seu primeiro punto “instar ao grupo empresarial FINSA a reconsiderar a súa decisión de pechar a factoría ECAR e a estudar posibeis alternativas para garantir a súa continuidade e a dos postos de traballo”. En segundo lugar pide “ás administracións competentes que establezan as negociacións co grupo empresarial FINSA co obxectivo de evitar o peche da fábrica ECAR en Mondoñedo e garantir os seus postos de traballo, así como tamén establecer as negociacións oportunas co grupo Mobles Hermida dirixidas a garantir o mantemento do emprego e a viabilidade da empresa”.
Finalmente o Parlamento mandata á Xunta a “impulsar en colaboración coa Deputación, o Estado e os concellos a formular un plano de desenvolvemento industrial con apoio público para contribuir á dinamización económica da comarca e, nomeadamente, dos concellos de Mondoñedo e Lourenzá”.
SATISFACCIÓN NO PARTIDO POPULAR
Balserio valora moi positivamente que fora posible acadar a unanimidade das tres forzas políticas e insiste en que o Partido Popular seguirá traballando para promover todo tipo de iniciativas parlamentarias de impulso á acción do Goberno que contribúan a unha maior defensa da comarca da Mariña e ao combate das súas principais problemáticas, como neste caso, en materia de emprego.
O deputado popular insiste en que esta vez si, e no Parlamento galego, fumos quen de reflectir o que os propios veciños da Mariña nos esixen “unidade e solucións”.
Nota de prensa 2/2
Populares, socialistas e nacionalistas consensuaron na Cámara galega un acordo similar ao acadado no pleno municipal de Mondoñedo e no que se lle pide ás distintas administracións que colaboren na posta en marcha dun plan de emprego e desenvolvemento industrial na Mariña
Elena Candia agradece que o Parlamento respectase o acordo e a vontade acadada no Concello de Mondoñedo e lamenta que a Deputación non fixera o mesmo
• O bipartito provincial racha a unanimidade acadada coa única pretensión de deixar fóra de todo compromiso cos desempregados á Deputación. “Cando chega a hora de verdade o Goberno de Besteiro e Veiga está ausente”
Lugo, 28 de decembro de 2011.- A portavoz do Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, agradeceu ao conxunto das forzas representadas no Parlamento de Galicia que respectasen a vontade da Corporación Municipal de Mondoñedo e asumisen como propio un acordo similar ao consensuado no último pleno municipal de Mondoñedo e dirixido á posta en marcha dun plan de emprego para A Mariña.
Populares, socialistas e nacionalistas aprobaron por unanimidade na Cámara galega e no Concello de Mondoñedo un texto no que se lle pide ás distintas administracións que colaboren na posta en marcha dun plan de desenvolvemento industrial na Mariña, así como que negocien coas empresas ECAR e Mobles Hermida ao obxecto de que estas reconsideren a decisión de levar adiante o despedimento de traballadores.
Elena Candia volveu a lamentar que só o bipartito provincial sexa o único que se quede só “coa súa actitude inmobilista” e que, deste xeito, rache o consenso que si foi posible acadar tanto no Parlamento como en Mondoñedo. Lembra ademais que o mesmo texto que se aprobou no Parlamento e no Concello de Mondoñedo foi proposto como acordo alternativo e de consenso a través dunha emenda do PP no último pleno da Deputación Provincial, pero o bipartito non quixo aceptala.
A portavoz sospeita que detrás desta postura do bipartito provincial está un intento do Goberno da Deputación de deixar á marxe a esta administración, “fóra de todo compromiso cos desempregados mariñáns”. Lamenta unha vez máis que cando chega a hora de verdade “o Goberno de Besteiro e de Veiga está a agocharse, con el non se pode contar cando se trata de defender aos mariñáns, nin cando se trata de defender os intereses do conxunto dos lucenses”.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



