Nota de prensa
DO 3 AO 13 DE XANEIRO ESTARÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO CURSO DE XIMNASIA PREVENTIVA PARA MAIORES QUE ORGANIZA A CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS.
Burela, 22 de decembro de 2011. Do 3 al 13 do vindeiro mes de xaneiro estará aberto o prazo de inscrición para participar no curso de ximnasia preventiva para maiores que organiza a Concellería de Servizos Sociais de Burela.
Segundo explica a edil Diana Durán “o curso está dirixido ás persoas maiores de 60 anos residentes en Burela e terán preferencia os empadroados e as empadroadas no noso concello”.
Os requisitos para facer a inscrición son os seguintes: ser maior de 60 anos (presentar DNI), estar empadroado en Burela e ter abonado a taxa de copago. Non se admitirán inscricións por teléfono. Éstas deberán realizarse no Centro de Información ás Mulleres na Casa do Concello de 9:00 a 14:00 horas do 3 ao 13 de xaneiro (ambos os dous incluídos).
Para calquera aclaración os interesados poden poñerse en contacto no mesmo horario chamando ao seguinte número de teléfono: 982 58 06 09, ou achegándose persoalmente ao CIM.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



