Deron comenzo as “Xornadas Gastronómicas da Cociña de Cunqueiro” no IES de Foz. O menú consistiu en: vieira ao Albariño, arroz con berberechos, polbo á feira, empanada de lombo, orella de cocho, lacón con grelos, pescada á galega e rosquiñas e torta de Mondoñedo como sobremesa. Todo isto regado con diferentes viños galegos aos que Cunqueiro tamén cita como son Albariño Rías Baixas e Mencía Ribeira Sacra. Aproveitouse a ocasión para homenaxear aos profesores/as xubilados no curso anterior, aos que se lles entregou uns agasallos.
