Nota de prensa
O APALPADOR VISITARÁ BARREIROS ESTE VENRES NUNHA XORNADA ORGANIZADA POLO COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO.
O Apalpador estará a partir das 19:30 horas no Centro Sociocultural de San Cosme, acompañado doutras tradicións galegas e pola música do grupo local Tumba e Dálle.
Barreiros, 28 de decembro de 2011. O Colectivo Cultural Ollomao organiza o vindeiro venres, 30 de decembro, unha xornada en torno á figura do Apalpador. Co gallo das datas do Nadal, baixa das montañas luguesas o Apalpador: o xigante carboeiro que visita o 31 de decembro as casas das nenas e nenos para deixarlles os seus agasallos. Tras apalparlles as barrigas, se están cheas, o Apalpador dilles : “Así, así esteas todo o ano” e déixalles unha presa de castañas. Se non, cala, pero tamén lles deixa castañas.
O Apalpador visita Barreiros, o vindeiro venres pola tarde, traendo a voz das nenas e nenos do Caurel; que recolle durante todo o ano para divulgar entre a xente con contos, lendas e historias, a riqueza cultural, etnografía e personaxes mitolóxicos galegos. O Apalpador transmite ademais un compromiso coa natureza, xa que explica como, debido ao lixo e ao lume, se atopa con tremendas dificultades para viaxar ás casas dos meniños e meniñas.
Por esta razón, o Colectivo Cultural Ollomao e o Apalpador obsequiarán ás nenas e nenos cunha pranta dunha árbore autóctona para que lle axuden na súa labor de recuperar os bosques galegos.
O colectivo barreirense tamén aproveita esta ocasión para conxugar outras tradicións galegas como a propia música tradicional, que correrá a cargo do grupo local Tumba e Dálle, ou a gastronomía, xa que repartirán entre as persoas asistentes chocolate quente e Carolón, o postre típico do Nadal elaborado pola Pastelería Artesá Obradoiro, con sede no propio concello de Barreiros.
Para a entidade organizadora “esta xornada constitúe un xeito de divulgar as tradicións e a cultura galegas, como un xeito de coñecer e pór en valor o propio de cara a normalizar as nosas tradicións; moito menos normalizadas e desprazadas por outras conmemoracións asumidas polo conxunto da sociedade. Para o Colectivo Cultural Ollomao é unha prioridade absoluta que a sociedade galega coñeza as propias tradicións e daí o seu compromiso coa recuperación e a normalización das mesmas, compromiso que tenta transmitir na súa actividade habitual”.
A figura do Apalpador
O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos e nenas. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais de outros regalos, unha presa de castañas.
Ten un tronco común con outras tradicións europeas e do norte do Estado español(Olentzero basco e Esteru astur-cántabro) e probablemente a mesma orixe, pero que desgrazadamente en Galiza estaba practicamente esquecido. O rito da Noite do Apalpadoiro foi descrito por varios estudosos e a figura do personaxe refírese na zona da montaña luguesa e, nomeadamente, no Caurel. No oriente ourensán existen referencias a este personaxe aínda que, nalgúns casos, con outros nomes e, noutros, con atribucións menos simpáticas como son as de espantar aos nenos. Porén os traballos de divulgación que se teñen levado a cabo nos últimos anos, pretenden espilo das deturpacións que ben poden responder a superposicións pouco afortunadas doutros costumes e quedarse co concepto positivo do personaxe e co seu agarimo.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



