Nota de prensa
O BNG DE FOZ EMENDA OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA QUE SE INCLÚA A CONSTRUCCIÓN DO XERIÁTRICO
“Esperamos que o alcalde e a Xunta non nos tomen máis o pelo” declara Basanta
Foz a 2 de novembro de 2011.- O BNG, a través do seu grupo parlamentar, fixo unha serie de emendas aos Orzamentos da Xunta do ano 2012 para que se realicen unha serie de inversións no Concello de Foz. Entre elas ten unha relevancia moi destacada a construcción da Residencia de Terceira Idade e mailo o Centro de Día.
A construción da Residencia con Centro de Día é unha prioridade para Foz
O BNG de Foz considera que esta obra é unha demanda xa comprometida en varias ocasións pola Xunta de Galiza. O actual goberno da Xunta prometeu a principios de ano a elaboración dun estudo de viabilidade do que aínda ninguén sabe nada. Por iso, en sesión plenaria preguntóuselle en varias ocasións ao alcalde se sabía algo de ese estudo, sen saber que contestar. Isto alerta ao BNG sobre as intencións pouco claras da Xunta respecto a esta obra. Por iso o portavoz municipal, Xan Carlos Basanta di que “onde ten que falar o PP é na aprobación dos orzamentos. O BNG fixo unha emenda dentro dunha partida conxunta de 2.300.000 euros para a construción dunha Residencia con Centro de Día en Foz. Se as intencións do PP son boas deberían votar a favor”. Para o BNG, que a Xunta non iniciara a construción desta obra no próximo ano sería unha inxustiza e unha discriminación moi grave co Concello de Foz, pois é o único concello da Mariña que non ten ningún destes dous servizos públicos.
Dentro dos servizos sociais tamén se inclúe nas emendas unhas partidas máis pequenas para a implantación dun servizo de urxencias ás 24 horas no Centro de Sáude así como para a ampliación da galescola.
Outras actuacións importantes
Así mesmo, o BNG recolleu nas emendas outras necesidades importantes para Foz. Entre elas está a construción de 20 vivendas de protección oficial cunha partida de 620.000 euros, a mellora da rede de saneamento e separación de augas pluviais, a rexeneración e limpeza dos ríos do concello, a posta en valor do Castro de Fazouro ou a promoción do pequeno comercio da vila.






















Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



