Nota de prensa
![]()
A MEDIO CAMIÑO… E XA VAN 27.264
O CD Burela FS Pescados Rubén despídese de 2011 coa organización e participación da Copa de España de Fútbol Sala Feminino Burela 2011 e cunha nova fase de ascenso do equipo masculino no seu lustroso ronsel e co firme propósito de manterse entre os mellores nunha tempada na que os cadros laranxas afrontan o hándicap dos esgotadores desprazamentos; xa levan 27.264 quilómetros percorridos e aínda non chegaron ao ecuador ligueiro.
O Burela FS da Primeira División Feminina pecha o ano en postos de Copa con 9.328 quilómetros ao lombo. Dende a oitava praza e 16 puntos, iniciará a andadura do novo ano o 7 de xaneiro, en Vista Alegre, ante o Diamante La Rioja (12ª xornada). Aínda ten por diante 9 desprazamentos (Valladolid, Alacante, Móstoles, Ourense, Zaragoza, Elche, Cidade das Burgas, Rioxa e Rubi) e 12.216 km.
Na Segunda División Masculina, a cor laranxa tamén tomará as uvas entre os oito privilexiados para o play off, na sétima praza con 20 puntos, despois de nada máis e nada menos que 18.296 km. Tamén o día 7 os burelistas estrearán 2012, cerrando a primeira volta, na pista do Fuconsa Jaén (15ª xornada). Murcia, Antequera, Ceuta, Castellón, Manzanares, Eivissa e Valencia, con 15.256 km, completarán o percorrido.
Nunha época na que a crise económica asfixia o mundo do fútbol sala e na que moitas entidades se ven na obriga de abandonar, a escuadra laranxa cumprirá co incuestionable sobreesforzo dos máis 55.000 quilómetros de periplo por diferentes recunchos do territorio español en Primeira e Segunda. Do que non cabe ningunha dúbida é de que aínda queda moita liga en 2012 e moita roda que queimar para seguir escribindo a historia do Burela FS.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
